"Neda" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 53.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación bilingüe aparecida na Coruña en 1990. Dirixida por Ezequiel Pérez Montes, subtitulouse “Revista mensual del deporte coruñés”. Divídese en diferentes seccións e inclúe comentarios de especialistas deportivos, así como numerosas fotografías.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Oleiros baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Emigrado a Arxentina, foi procurador nos tribunais de xustiza. En 1856 elixírono concelleiro suplente no municipio de Barracas, onde exerceu tamén como xuíz de paz, administrador de correos (1859-1875) e presidente do Consejo Escolar. Foi alcalde do municipio e en 1880 iniciou a construción dun novo templo parroquial, da nova casa do concello, do teatro Ribadavia e do mercado. Foi comisionado da Asociación Protectora de los Inválidos, socio fundador da Sociedad de Socorros Mutuos de Barracas e simpatizante da asociación Libre Italia e da loxa masónica Hijos del Progreso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que asinou o autor dunha segunda parte de El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha, publicada en Tarragona en 1614.
-
PERSOEIRO
Escritora cubana. De tendencia romántica, colaborou na revista La Aureola baixo o pseudónimo de La Peregrina e dirixiu a revista Álbum cubano de lo bueno y de lo bello. Da súa produción destacan Leoncia (1840), Poesías (1841 e 1850), Alfonso Munio (1844), Baltasar (1858), El artista barquero o Los cuatro cinco de junio (1861) e Devocionario nuevo y completísimo en prosa y verso (1867).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Lleida, Catalunya (2.960 h [2001]). As principais actividades económicas son a agricultura e a gandería.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Martiño que dá nome ao concello de Manzaneda, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Terra de Trives, situado na provincia de Ourense no SL da Comunidade Autónoma de Galicia, situado a 42° 18’ 20’’ de latitude N e 7° 14’ de lonxitude O. Limita ao N coa Pobra de Trives (Terra de Trives), Quiroga (Quiroga) e Larouco (Valdeorras), ao L co Bolo (Valdeorras), aoó S con Viana do Bolo e Vilariño de Conso (ambos os dous en Viana), e ao O con Chandrexa de Queixa (Terra de Trives). Abrangue una superficie de 114,6 km2cunha poboación de 1.069 h (2007), distribuída nas parroquias de Cernado, Cesuris, Manzaneda, Paradela, Placín, Reigada, Requeixo, San Martiño de Manzaneda, San Miguel de Bidueira e Soutipedre. A capital é o lugar de Manzaneda, na parroquia de San Martiño de Manzaneda, situada a 186 km de Santiago de Compostela e a 83 km de Ourense. Está adscrito á diocese de Astorga e ao partido xudicial de Pobra de Trives.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Situado en pleno macizo central ourensán, o seu relevo divídese claramente en tres... -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de azul, unha flor de lis de prata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Manzaneda. Puido erixirse cara ao s XII e pertenceu aos condes de Lemos. Despois de que fora destruída nas Guerras Irmandiñas, no s XVI recuperou a súa forma. Do conxunto orixinal consérvanse restos da muralla, tamén coñecida como A Cerca e onde destaca o arco da Porta da Vila e parte da torre da homenaxe. A muralla presenta unha anchura media na base de 5 m e na coroación de 2’5 m. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.
-
MACIZO
Sistema montañoso que se localiza no SL de Galicia, na provincia de Ourense, cunha altitude media superior aos 1.300 m. Está formado polas serras da Queixa, San Mamede, O Burgo, Fial das Corzas e os montes do Parque Natural do Invernadeiro. Globalmente non ten unha dirección definida. Limita ao N co val do Sil, ao S coa depresión de Monterrei, ao SO coa da Limia, ao L coas de Valdeorras e O Barco, e ao O coa de Maceda. O seu cumio localízase en Cabeza de Manzaneda e acada os 1.782 m de altitude. A litoloxía está composta por migmatitas, xabre e granito de dúas micas. O seu relevo é o resultado de diversos factores, como a diversidade litolóxica, a alteración terciaria, a morfoxénese fluvial, o glaciarismo e o periglaciarismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada na Coruña a partir do 18 de agosto de 1922. Cesou o 1 de marzo de 1923. Co subtítulo “Revista semanal ilustrada”, foi fundada e dirixida por Enrique Dequit Carreras-Presas, e incluíu notas sociais, poesías, debuxos e crónicas deportivas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal deportivo editado na Coruña a partir do 6 de agosto de 1986. Estivo dirixido por Xosé Manuel Malo e editado por Gonzalo Soto. Especializada na información futbolística, tamén tiveron cabida outros deportes como baloncesto, hípica, natación ou motor.
-
MONTES
Monte situado entre as parroquias de Riodolas (Carballeda de Valdeorras) e Vilanova (A Veiga). O seu cumio é A Moneda, que acada os 1.526 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Nicolás que dá nome ao concello de Neda, onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Ferrol, situado no N da Comunidade Autónoma de Galicia e da provincia da Coruña. A súa posición xeográfica é de 43° 29’ de latitude N e 8° 09’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Narón (comarca de Ferrol), ao S co de Fene (comarca de Ferrol), ao L cos de San Sadurniño (comarca de Ferrol) e A Capela (comarca do Eume), e ao O novamente co de Narón e coa ría de Ferrol. Abrangue unha superficie de 23,98 km 2 cunha poboación de 5.649 h (2007), distribuídos nas parroquias de Anca, Neda, Santa María de Neda e Viladonelle. A capital do concello é Neda, situada a 47 km da cidade da Coruña e a 7 km de Ferrol. Está adscrito á diocese de Mondoñedo-Ferrol e ao partido xudicial de Ferrol.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O relevo conta con formas moi suavizadas, modeladas pola erosión diferencial, e non hai altitudes considerables (Pico Louseiro, 461 m). Forma unha especie de conca, modelada polo río Belelle e aberta cara a occidente cunha sucesión... -
SERRAS
Serra situada entre os concellos de Abadín e A Pastoriza. A súa máxima altitude está no monte Neda con 798 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Neda. De estilo gótico (s XIV), consta dunha soa nave, ábsida rectangular e tres capelas dos ss XV-XVI. Destaca a fachada, con características barrocas, por motivo das remodelacións dos ss XVIII e XIX, e o sepulcro de Diego Esquío, señor da comarca, no presbiterio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Gravado rupestre situado en Covas (Ames). Localízase sobre unha rocha de granito e destaca pola cantidade e variedade de combinacións circulares.