Manzaneda, macizo de

Manzaneda, macizo de

Sistema montañoso que se localiza no SL de Galicia, na provincia de Ourense, cunha altitude media superior aos 1.300 m. Está formado polas serras da Queixa, San Mamede, O Burgo, Fial das Corzas e os montes do Parque Natural do Invernadeiro. Globalmente non ten unha dirección definida. Limita ao N co val do Sil, ao S coa depresión de Monterrei, ao SO coa da Limia, ao L coas de Valdeorras e O Barco, e ao O coa de Maceda. O seu cumio localízase en Cabeza de Manzaneda e acada os 1.782 m de altitude. A litoloxía está composta por migmatitas, xabre e granito de dúas micas. O seu relevo é o resultado de diversos factores, como a diversidade litolóxica, a alteración terciaria, a morfoxénese fluvial, o glaciarismo e o periglaciarismo.