"Nord" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 44.
-
-
Punto do horizonte sensible entre o norte e o leste. OBS: Represéntase co símbolo NL.
-
Parte dunha rexión, territorio ou lugar que están situados cara ao nordés.
-
ento que sopra desde esta dirección.
-
-
REXIÓNS
Rexión de China (1.986.400 km2; 130.310.000 h [2000]). A súa capital é Shenyang.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada na Coruña a partir de 1975. Co subtítulo “Revista de poesía e crítica” foi fundada e codirixida polos poetas Luz Pozo Garza e Tomás Barros, con Luís Seoane como ilustrador. Tivo dúas etapas ben diferenciadas. Na primeira, ata 1976 (nº4), contou coa colaboración de Rafael Dieste, Álvaro Cunqueiro, Celso E. Ferreiro, Franco Grande e Pura Vázquez. A segunda época comezou en xuño de 1980, cando reapareceu con nova numeración, dirección e ilustración de Luz Pozo Garza. Impresa por Ediciós do Castro, abriuse cara á poesía portuguesa e estranxeira, con traducións de textos de Pessoa, James Joyce ou Valéry. Incluíu colaboracións de artistas plásticos como Lugrís ou Laxeiro, obras de autores novos e homenaxes a distintos artistas galegos e universais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ento moi frío que sopra do norte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa de espectáculos con sede en Santiago de Compostela desde 1995. Naceu coa idea de achegar á cidade novos proxectos culturais, sobre todo musicais e teatrais (Dillei, 2003). Presta servizos de representación e asesoramento a artistas, como Berrogüetto ou X. M. Budiño, e dedícase á promoción da cultura en Galicia e en España, e en distintos países europeos, africanos e americanos. Recibiu o Premio Especial IDEAL en recoñecemento ao seu labor a prol da música e a cultura en Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ento fresco e persistente do nordés.
-
VER O DETALLE DO TERMO
nordés.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Haití (1.805 km2; 248.764 h [estim 1995]). A súa capital é Fort-Liberté (5.337 h [estim 1995]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ía marítima que une o Océano Atlántico co Pacífico percorrendo as costas setentrionais de Siberia e que atravesa o estreito de Bering. O primeiro que o explorou con éxito foi o sueco N. A. E. Nordenskiöld, que en 1875 chegou ata a desembocadura do Ienisei e en 1878-1879 fixo o percorrido de toda a ruta.
-
-
Tomar unha embarcación rumbo cara ao nordés.
-
Declinar a agulla náutica cara ao nordés.
-
Soprar o vento do nordés.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fiorde de Noruega occidental que penetra uns 110 km na terra e que ten unha anchura de entre 4 e 5 km.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conflito que enfrontou a Suecia cunha coalición formada por Dinamarca, Rusia, Saxonia e Polonia (1700-1721). Suecia tentaba controlar a totalidade das costas meridionais do Mar Báltico, polo que os demais países decidiron expulsalos delas. Federico IV de Dinamarca e Noruega atacou o Ducado de Gottorp, pero Carlos XII de Suecia desembarcou por sorpresa preto de Copenhaguen e impúxolle a Dinamarca a Paz de Travendal (1700), para derrotar a continuación os rusos en Narva (1700) e os saxopolacos preto de Rīga (1701). Desde ese intre a guerra dividiuse en dous conflitos separados (1701-1707). No O, Carlos XII ocupou toda Polonia (1702), mentres que no L, Pedro I de Rusia ocupou as provincias bálticas. Finalmente, o tsar derrotou os suecos en Poltava (xuño de 1709) e atacou os seus portos, mentres os daneses interviñan de novo na guerra. A morte do rei sueco en Frederikshald sinalou a fin do conflito, que rematou formalmente con diversos tratados (1719-1721) que constituíron a Segunda Paz...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto dos tratados de paz que puxeron fin á Guerra dos Trinta Anos no Mar Báltico e que tiveron lugar en Oliva (maio de 1660), Copenhaguen (xuño de 1661) e Kardis (xullo de 1661) entre Suecia, Dinamarca, Polonia e Rusia. Suecia obtivo o recoñecemento da súa soberanía sobre Pomerania, Livonia, Escania, Blekinge e as illas Åland, feito que significaba a hexemonía sobre o Mar Báltico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de tratados de paz asinados entre Suecia e os países coligados contra ela que puxeron fin á Guerra Nórdica. Polos Tratados de Estocolmo (1719-1720) Suecia cedeu Bremen e Verden a Hannover, Stettin e a Pomerania ao S do río Peene a Prusia e Slesvig a Dinamarca, ademais das concesións feitas a Rusia polo Tratado de Nystad (1721).
-
-
Relativo ou pertencente ao norte.
-
-
Relativo ou pertencente aos pobos xermánicos do N de Europa ou ás súas linguas.
-
Natural ou habitante dos países do N de Europa.
-
-
-
Ave paseriforme de 18 cm de lonxitude que se caracteriza por ser de cor cinsenta, agás a cabeza que ten o curuto vermello, un anteface negro arredor dos ollos e unha liña negra baixo o peteiro que tamén é negro. Tamén posúe unha crista pequena de cor cinsenta e unha cola negra con manchas pequenas brancas. Habita en zonas frías, no N de Europa e tamén no N de América, e en bosques de coníferas.
-
-
-
Relativo ou pertencente á raza nórdida ou aos seus representantes.
-
Individuo da raza nórdida.
-
Raza do grupo leucodermo que ocupa, basicamente, o N de Europa. Os seus representantes son de talle elevado, e teñen os ollos e os cabelos claros, a pel branca e a fronte oblicua.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia que se presenta nos exsudados resinosos de diversas plantas e que foi illada das follas de Larrea divaricata. Emprégase como antioxidante en graxas e aceites. OBS: Tamén se denomina NDGA.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen foi partidario da Unión durante a Guerra de Secesión estadounidense (1861-1865), fronte aos Estados Confederados de América. Os estados nordistas, defensores do proteccionismo industrial e do abolicionismo da escravitude, enfrontáronse e derrotaron os do S ou sudistas, que eran maioritariamente agrarios e librecambistas, así como partidarios do escravismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Amt de Dinamarca (6.173 km2; 494.833 h [estim 2001]). A súa capital é Ålborg.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fylke de Noruega (38.327 km2; 237.600 h [2001]). A súa capital é Bodø.