"OACI" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 31.

  • monoglicérido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización da Aviación Civil Internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma máis hidratada dun oxoácido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico dos ácidos de Brønsted que ten unicamente osíxeno enlazado ao átomo característico e, consecuentemente, os protóns están enlazados ao osíxeno. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos oxoácidos inorgánicos onde o radical -O- se substitúe por un radical -O-O-. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de poboar.

    2. Lugar poboado. Xeralmente fai referencia a unha entidade urbana.

      1. Conxunto de habitantes dun lugar ou territorio determinados (estado, provincia, cidade, municipio, etc). O concepto pode designar fraccións variadas deste conxunto (poboación rural, urbana, masculina, feminina, activa, parada, etc) que en relación a el constitúen subpoboacións.
        O estudo e a análise da poboación
        A disciplina que se ocupa de xeito directo e específico da súa análise é a demografía. Existen ademais outras disciplinas afíns a ela que teñen como obxecto o estudo de aspectos máis cualitativos da realidade humana, relacionados coa variable demográfica. Entre elas destacan a xeografía da poboación, que analiza poboacións reais en espazos xeográficos identificados; a socioloxía da poboación ou demografía social, que enmarca os feitos demográficos no contexto da sociedade; e a historia da poboación ou demografía histórica, que estuda o desenvolvemento de poboacións reais en distintos momentos da historia. Os primeiros recontos poboacionais datan das civilizacións...

      2. poboación activa

        Poboación que ten a idade mínima para acceder ao mercado laboral (16 anos) e que se atopa en situación de ocupación ou en estado de paro ou desocupación. A poboación activa ocupada é a que realiza unha actividade económica da que obtén unha remuneración, mentres que a poboación activa desocupada é a que busca o seu primeiro emprego ou a que deixou a actividade económica que realizaba.

      3. poboación de dereito

        Poboación integrada pola suma dos residentes presentes e ausentes nunha determinada unidade administrativa no momento de producirse calquera reconto de poboación. Ten uns dereitos e deberes respecto do concello no que está censada.

      4. poboación de feito

        Poboación dunha determinada unidade administrativa no momento no que se realiza o reconto da poboación, sen ter en conta se teñen ou non nela a súa residencia habitual.

      5. poboación inactiva/non activa

        Parte da poboación que non exerce ningún tipo de actividade económica remunerada nin se atopa en disposición de realizala. Son persoas que se dedican ás tarefas domésticas no seu fogar, nenos, estudantes, rendistas, xubilados e persoas que realizan o servizo militar.

    3. Conxunto de individuos dunha mesma especie que habitan nunha área determinada ou nun medio limitado convencionalmente.

    4. Conxunto de elementos do que se queren estudar certas propiedades non específicas dos elementos.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de repoboar.

    2. Acción desenvolvida durante a Reconquista (ss IX e XIII) na Península Ibérica. Tivo como finalidade volver poboar con cristiáns os territorios que foran conquistados polos musulmáns durante o s VIII, para asegurar a súa defensa e a explotación agrícola e gandeira. Beneficiou especialmente os mosteiros, as ordes militares e a nobreza. Nos reinos occidentais fíxose inicialmente por medio da presuria e nos orientais pola aprisio. O repoboamento de Galicia, val do Douro e o alto Ebro (ss VIII-X) foron obra de homes libres e de mosteiros bieitos. Mentres en Galicia e León os campesiños foron absorbidos axiña polos grandes propietarios, en Castela mantívose a pequena propiedade. Nos ss XI e XII a repoboación chegou ata o Tajo e o val do Ebro. Nas zonas fronteirizas favoreceuse pola concesión ás cidades de foros, cartas de franquía ou poboamento, con exencións fiscais. No interior repobouse o Camiño de Santiago, con francos e mosteiros cluniacenses, e outras zonas ata entón desérticas, con monxes...

    3. reforestación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concepto demográfico e xeográfico polo que se considera pouco poboado o territorio onde falta a forza de traballo para aproveitar os recursos potenciais e para permitir unha vida social plena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concepto demográfico-económico que fai referencia a un desaxuste entre poboación e recursos nun territorio determinado, atribuíble a un exceso da primeira variable. Este desaxuste maniféstase en fame, paro, falta de vivendas, etc, factores considerados obstáculos para o desenvolvemento do grupo social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido que resulta da substitución por xofre dun ou máis átomos de osíxeno dun oxoácido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Croacia (1941-1943), duque persoal de Spoleto (1904-1948) e duque de Aosta (1942-1948). De nome Aimón de Savoia-Acosta, seguiu a carreira de mariño e loitou nas guerras de Libia e Etiopia. Nomeado rei da Croacia independente polo seu parente, o rei de Italia, non chegou a ser coroado.

    VER O DETALLE DO TERMO