superpoboación

superpoboación

(

s f [DEMOG]

Concepto demográfico-económico que fai referencia a un desaxuste entre poboación e recursos nun territorio determinado, atribuíble a un exceso da primeira variable. Este desaxuste maniféstase en fame, paro, falta de vivendas, etc, factores considerados obstáculos para o desenvolvemento do grupo social.