"OIM" (Contén)
Mostrando 16 resultados de 36.
-
CONDADOS
Condado situado en Connacht, Irlanda (1.526 km2; 25.057 h [1996]). A capital é Cara Droma Rúisc (2.037 h [1992]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘vulva’.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Estrada. O seu estilo é románico da segunda metade do s XII. Ten planta rectangular, dunha soa nave, con bóveda de canón e ábsida dividida en dous tramos. A porta principal ten arquivolta con axadrezado. Sobre o testeiro atópase un Agnus Dei con cruz potenciada sobre o lombo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Campo Lameiro baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo nome da parroquia de Vilela, no concello de Cualedro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento pictórico francés desenvolvido a finais do s XIX. Constituíu a radicalización do impresionismo, no empeño de empregar unicamente cores puras. A súa base teórica foi o divisionismo, coa súa técnica asociada, o puntillismo. Os principais representantes desta escola foron Georges Seurat, Paul Signac, Maximilien Luce, H.E. Cross, Charles Angrand, Albert Dubois-Pillet e o belga Théo van Rysselberghe. A súa influencia fíxose sentir tamén na obra de Camille Pisarro, Henri Martin, Giovanni Segantini e Maria Pidelaserra. Signac, na obra D’Eugène Delacroix a Néo-Impressionisme (1899), recolleu o ideario da escola.
-
-
Relativo ou pertencente ao neoimpresionismo.
-
Seguidor do neoimpresionismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización Internacional Marítima.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Oímbra, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello que pertence á comarca de Verín, situado no SL da Comunidade Autónoma de Galicia e no S da provincia de Ourense ( 41° 53’ 00” de latitude N e 7° 28’ 00” de lonxitude O). Limita ao N cos concellos de Monterrei e Verín (comarca de Verín), ao L co de Verín (comarca de Verín) e ao S e ao O con Portugal. Abrangue unha superficie de 71,9 km 2 , en que acolle unha poboación de 1.996 h (2001) distribuídos nas parroquias de Bousés, As Chás, A Granxa, Oímbra, Rabal, San Cibrao e Videferre. A súa capital está no lugar de Oímbra, na parroquia homónima, situada a 80 km de Ourense. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial de Verín.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Topograficamente está condicionado pola transición entre a depresión de Verín e as aliñacións montañosas que a delimitan. As terras máis orientais, que forman a ribeira do río Támega, pertencen a esta depresión, presentan altitudes entre os 350 e 500 m e caracterízanse polas escasas pendentes... -
PERSOEIRO
Relixioso dominicano. Coñecido pola súa habilidade literaria, realizou unha Summa de sermóns (1250), unha recompilación de 406 composicións compostas ao longo de varios anos, que se converteu na primeira colleita deste tipo realizada por un dominicano.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
GALICIA
Mestre. Seguiu a carreira eclesiástica no Seminario de Lugo e, desde 1916, exerceu como mestre. Coñecedor das correntes pedagóxicas europeas renovadoras, destacou pola súa participación nas organizacións corporativas e de defensa profesional do maxisterio. Así promoveu a creación da Federación de las Asociaciones de Maestros Gallegos (1935). No ámbito pedagóxico publicou Concepción Arenal en el aspecto pedagógico (1925), Qué medios pueden ponerse en práctica para elevar la cultura general y profesional de los maestros actuales. Ponencia leída en el Congreso Pedagógico de Lugo de 1923 (1925), Puntos cardinales del pensamiento pedagógico contemporáneo (1927) e Colaboraciones sociales que la escuela precisa (1928). Tamén escribiu sobre temas históricos e de cultura galega: Capricho literario-apologético (1910), Por Galicia y por el arte (1920), Odoario o Lugo en el siglo VIII (1923) e Santuarios Gallegos: El Corpiño (1929).
VER O DETALLE DO TERMO -