neoimpresionismo

neoimpresionismo

(

s m [ARTE]

Movemento pictórico francés desenvolvido a finais do s XIX. Constituíu a radicalización do impresionismo, no empeño de empregar unicamente cores puras. A súa base teórica foi o divisionismo, coa súa técnica asociada, o puntillismo. Os principais representantes desta escola foron Georges Seurat, Paul Signac, Maximilien Luce, H.E. Cross, Charles Angrand, Albert Dubois-Pillet e o belga Théo van Rysselberghe. A súa influencia fíxose sentir tamén na obra de Camille Pisarro, Henri Martin, Giovanni Segantini e Maria Pidelaserra. Signac, na obra D’Eugène Delacroix a Néo-Impressionisme (1899), recolleu o ideario da escola.