neohitita

neohitita

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo neohitita ou á súa cultura.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo neohitita.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Pobo de orixe incerta, formado por elementos sirios e do Reino de Mitanni, que se estableceu na zona norte de Siria, desde a invasión dos pobos do mar (s XII a C) ata a conquista asiria (s VIII a C). Constituíron unha federación liderada polo rei da cidade de Karkemish. O pobo neohitita viviu en loita constante cos asirios, polos que foi vencido en 717 a C, baixo o reinado de Sargón II.

  4. arte neohitita [ARTE]

    Arte desenvolvida polo pobo neohitita, conformada por diferentes influencias, como a arte hitita anatólica e as da arte do Reino de Mitanni. O centro arqueolóxico principal foi Karkemish, con construcións de ladrillo con alicerces de pedra, denominadas bît-hilâni. A escultura céntrase en animais que forman as bases das columnas, e nos baixorrelevos. A última etapa caracterizouse pola súa decoración naturalista.