"OLP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 92.

  • Xénero de algas pardas epífitas de talo oco e esférico, de ata 9 cm de diámetro. En Galicia está presente a especie C. peregrina, que aparece no mesolitoral de costas protexidas sobre algas do xénero Cystoseira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo que designa o nome dado a unha baía, a un golfo, a un brazo de mar, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intervención cirúrxica plástica practicada sobre a vaxina e o perineo posterior para reparar laceracións producidas no parto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cirurxía plástica da vaxina.

    2. Creación dunha vaxina artificial en caso de ausencia conxénita ou de atresia importante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exploración visual da porción vaxinal do colo uterino que se realiza por medio do colposcopio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello que se utiliza para a exploración visual directa da porción vaxinal do colo uterino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpe ou ataque producido como resposta a outro anterior.

    2. Ataque desenvolvido como resposta a outro previo do adversario.

    3. Repercusión dun golpe nun lugar distinto do que recibiu directamente o impacto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que despolpa.

    2. Máquina, aparello ou instrumento que se utiliza para extraer a polpa das froitas co fin de obter o zume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extraer a polpa dalgunhas froitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo francés. Profesor na Bibliothèque Royale, especializouse en iconografía cristiá. Entre as súas obras destacan Bulletin archeológique du comité des arts et monuments (Boletín arqueolóxico do comité das artes e monumentos, 1840-1847), Histoire de Dieu, iconographie des personnel divines (Historia de Deus, iconografía de personaxes divinas, 1843) e Manuel d’iconographie chrétienne, grecque et latine (Manual de iconografía cristiá, grega e latina, 1845). Fundou os Annales archèologiques (Anais arqueolóxicos, 1844-1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo francés. Iniciou as súas creacións fotográficas retratando imaxes de xogos infantís en Nîmes. Posteriormente trasladouse a Brest, onde abriu un estudo de daguerrotipos. A partir de 1854 instalou en París o seu estudio, onde se especializou nos retratos da burguesía. Rapidamente, comezou a expansión comercial de Disdéri, quen a finais dese mesmo ano fundaba a sociedade Disdéri et Cie e adquiría a concesión oficial para fotografar os obxectos da Exposición Universal de París de 1855. Entre 1865 e 1868 abriu dous estudios en Londres e outro,posiblemente, en Madrid. Retratista de Napoleón III, as súas creacións caracterizáronse polo coidado do enfoque, o encadramento, a luz e a profundidade de campo. Entre as innovacións que achegou ao mundo da fotografía destacan unha fórmula para a exposición instantánea do colodión, un método para a preparación dun papel especial que axudaba á fixación da imaxe, unha caixa para a fotografía “instantánea” e unha fotomecánica para un proceso semellante...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Saxofonista clarinetista e compositor de jazz. Influído por Charlie Parker, en 1958 ingresou no quinteto de Chico Hamilton e trasladouse a Nova York. Tocou no Five Spot nun quinteto xunto a Mal Waldron, Richard Davis, Booker Little e Ed Blackwell, e traballou con Charles Mingus, John Coltrane, J. C. Moses e Han Bennink. Da súa discografía destacan as gravacións Free jazz (1960), en colaboración con Ornette Coleman, Eric Dolphy at the Five Spot (1961) e Out to Lunch (1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación da mucosa vaxinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo suízo. Profesor da Universidade de Xenebra (desde 1909) e do Institut Jean-Jacques Rousseau de Xenebra (1912-1922), fundou a Oficina Internacional das Escolas Novas (Bureau International des Écoles Nouvelles, 1899) e, en 1900, xunto con Hermann Lietz, traballou na primeira das escolas novas de campo alemanas (Ilsenburg). En 1921 fundou a Liga Internacional da Nova Educación e dirixiu a revista Pour l’Ère Nouvelle. A súa contribución á pedagoxía está vinculada ao movemento da escola nova e un dos seus obxectivos era transformar e renovar a escola tradicional. A escola nova baséase no respecto aos intereses e necesidades do neno, na utilización de métodos activos, no desenvolvemento da autonomía do neno, no espírito crítico e na cooperación. O fin último da educación é axudar ao neno ao seu desenvolvemento e ao das súas potencialidades. Cómpre destacar as súas obras l’École active (1920) e l’Autonomie des écoliers (1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico, discípulo de Wöhler e de Limpricht en Gotinga. Descubriu a reacción do pinacol e da pinacolona, estudiou os ácidos non saturados sintetizando as lactonas e o tolueno, introduciu a síntese dos hidrocarburos, co proceso coñecido como reacción de Wurtz-Fittig, e estableceu a estrutura da piperina e a do naftaleno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto químico que actúa como funxicida de aplicación foliar de amplo espectro de acción. Ten carácter preventivo e, ademais, mellora o aspecto do cultivo, xa que cicatriza feridas producidas por pedrazo. Está autorizado en numerosos cultivos herbáceos e leñosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Membro do Republican Party, representou o estado de Michigan entre 1948 e 1973. Vicepresidente dos EE UU en 1973, ocupou a presidencia en 1974, trala dimisión de R. Nixon. Foi derrotado polo candidato demócrata J. Carter nas eleccións de 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Éster fosfórico da forma enólica do ácido pirúvico. Intervén na degradación anaerobia da glicosa (glicólise), durante a que se produce por deshidratación do ácido 2-fos-foglicérico, reacción que cataliza o enzima enolase. O enlace 0~P ten unha enerxía libre estándar de hidrólise moi negativa, suficiente para permitir a transferencia do grupo fosforilo ao ADP, no seguinte paso da glicólise, para liberar ácido pirúvico. Intervén tamén nos procesos de biosíntese de glicosa. O ácido fosfoenolpirúvico tamén actúa como substrato para a fixación de dióxido de carbono durante a fotosíntese das plantas C4.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Alquimista alemán. Pódese considerar en función da numerosa bibliografía que elaborou (Furni novi philosophici, Miraculum Mundi, etc) coma unha ponte entre a antiga tradición alquímica e a nova teoría química que comezaba a facerse camiño. Traballou na formación de sales e descubriu o sal mirabile ou sal de Glauber [NaSO4·10H6O]. Obtivo mediante técnicas de laboratorio numerosas substancias cun alto grao de pureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xograr galego. Colocado no hipotético cancioneiro de Xograres Galegos, estivo activo entre o segundo e o último cuarto do s XIII. Consérvase unha cantiga de amigo, de romaría, da súa autoría, “Mal faç’eu, velida, que ora non vou”, que se transmitiu no Cancioneiro da Bilbioteca Nacional de Lisboa.

    VER O DETALLE DO TERMO