fosfoenolpirúvico, ácido
fosfoenolpirúvico, ácido
Nome científico:
[PEP]
[BIOQ]
Éster fosfórico da forma enólica do ácido pirúvico. Intervén na degradación anaerobia da glicosa (glicólise), durante a que se produce por deshidratación do ácido 2-fos-foglicérico, reacción que cataliza o enzima enolase. O enlace 0~P ten unha enerxía libre estándar de hidrólise moi negativa, suficiente para permitir a transferencia do grupo fosforilo ao ADP, no seguinte paso da glicólise, para liberar ácido pirúvico. Intervén tamén nos procesos de biosíntese de glicosa. O ácido fosfoenolpirúvico tamén actúa como substrato para a fixación de dióxido de carbono durante a fotosíntese das plantas C4.