"OUA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 80.
-
PERSOEIRO
Poeta. Decadentista e presimbolista, foi precursor do vangardismo e asinou as súas obras baixo o nome de Tristan Corbière. Da súa produción destaca o libro de poemas Les amours jaunes (Os amores amarelos, 1873).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión do O de Bretaña, Francia, que ocupa os departamentos de Finistère, Côtes d’Armor e Morbihan (1.996.920 h [1990]). Na súa economía predominan a agricultura, a industria alimentaria e a artesanía.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión de Mauritania (22.300 km2; 83.246 h [estim 1992]). A capital é Nouadhibou (88.313 h [1988]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. Deputado radical-socialista (1919-1940 e 1946-1958), foi ministro das Colonias (1924), Obras Públicas (1930-1931) e Guerra (1932). Presidiu en tres ocasións o consello de ministros (1933, 1934 e 1938-1940). En 1939 declaroulle a guerra ao III Reich. Ocupou o ministerio da Guerra en marzo de 1940 e o de Asuntos Exteriores en maio de 1940; foi detido polo goberno colaboracionista de Vichy en xuño de 1940 e permaneceu deportado en Alemaña entre 1943 e 1945. Foi presidente do Partido Radical entre 1957 e 1958.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e militar. Discípulo de Meissonier, cultivou a temática militar e histórica. Entre as súas obras destacan Épisode du combat de Villejuif en 1870 (Episodio do combate de Villejuif en 1870) e Les funérailles de Pasteur (Os funerais de Pasteur, 1897). Entre outras decoracións destacan as da ábsida do Panthéon e as das salas do Hôtel de Ville de París.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Semitista francés. Foi director da escola arqueolóxica francesa de Xerusalén (1905-1931). Completou, en 1930, o estudo do alemán Hans Bauer ao subliñar o carácter semítico da lingua ugarítica. Paralelamente, o francés Virolleaud completou o traballo de Dhorme. Deste modo descifráronse as trinta letras do alfabeto primitivo do ugarítico e un primeiro desciframento das inscricións pseudoxeroglíficas de Biblos. Realizou numerosos traballos sobre o Antigo Testamento.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do departamento de Nord, Francia, situada nunha importante conca hulleira, á beira do río Scarpe (42.175 h [1990]). A industria do automóbil, a de equipamento para o ferrocarril e o sector químico son as principais actividades económicas. O seu porto fluvial permite establecer importantes relacións comerciais cos portos do mar do Norte. Identificada co Castrum Duacense romano, converteuse no centro da industria de panos flamenga durante a Idade Media. Incorporada aos territorios dos Habsburgo (1477), pasou a formar parte do Reino de Francia pola Paz de Aquisgrán. Do seu patrimonio destacan a casa do concello, de estilo gótico flamíxero (s XV), o palacio de Xustiza (s XVIII), e as igrexas de Notre Dame (s XIII-XVI), Saint-Pierre (ss XVI-XVIII) e Saint-Jacques (s XVIII).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia de Litoral, Camerún, no golfo de Bonny, na marxe esquerda do río Sanaga (1.200.000 h [1991]). Economicamente é a principal cidade do país. Destacado núcleo de comunicacións e centro industrial, a base da súa economía é a produción de pasta de papel, aluminio e produtos químicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de pintores franceses. Hubert Drouais (Saint-Samson-de-la-Roque, Eure 1699 - París 1767) realizou retratos ao pastel e miniaturas. Foi nomeado membro da Académie Royale de Peinture et de Sculpture (1730) e pintor de cámara (1744). O seu fillo, François-Hubert Drouais (París 1727-1775) formouse co seu pai e con Boucher. Pintor de cámara dende 1755, foi retratista de Luís XV e da nobreza, á que representou nun artificioso ambiente campesiño. Entre as súas obras destacan Le jeune élève, Flora (A alumna nova, Flora) e Madame de Pompadour (1793-1794). Membro da Académie Royale de Peinture et de Sculpture dende 1758, foi nomeado conselleiro en 1774. O seu fillo, Jean-Germain Drouais (París 1763-Roma 1788) foi discípulo de David e recibiu o Prix de Rome en 1784.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e xornalista. Foi un dos abandeirados do antisemitismo en Francia e fundou o xornal La libre parole (1892), que se posicionou en contra de A. Dreyfus. Publicou La France juive (A Francia xudía, 1886) e Sur le chemin de la vie (No camiño da vida, 1914).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor francés. De orixe belga, formouse na Académie des Beaux-Arts de Bruxelas (1889-1890) e na École des Beaux-Arts de París (1892) con P. V. Galland. En 1893 converteuse en discípulo de Gustave Moreau. Fixo composicións ao aire libre caracterizadas por un sintetismo cromático que anunciaba o fauvismo. Entre outras obras destacan L’espagnol à Paris (O español en París, 1899) e Promenade du dimanche (Paseo do domingo, 1899).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión da República de Guinea (11.503 km2; 135.657 h [1983]). A súa capital é Gaoual (6.500 h [1965]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do NL de Camerún, situada á marxe dereita do río Bénoué, ao NL de Yaoundé (142.000 h [1987]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés. Foi director de Courrier de l’Unesco e publicou La lézarde (Premio Théophraste Renaudot 1958), Le Quatrième siècle (Premio Charles Veillon 1965), L’intention poéthique (1969), Malemort (1975), Le discours antillais (1981), Poétique de la relation (Premio Roger Caillois 1991) e Sartorius: le roman des Batoutos (1999). Membro da orde de francófonos de América, en Québec, (1986) e presidente honorario do Parlamento Internacional de Escritores (1993), foi nomeado doutor honoris causa pola York University de Toronto (1989) e pola West Indies University de Trinidad (1993). Entre outros galardóns recibiu o Premio Puterbaugh Foundation Biennial (1989) e o Premio de Poésie du Mont Saint-Michel (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
augada.
-
PERSOEIRO
Botánico francés. Foi o autor do proxecto do xardín botánico de Perpignan e máis tarde profesor de botánica en Montpellier (1767-1803). Foi o máis destacado dos linneóns franceses.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico suízo. Estudiou nas universidades de Neuchatel e Zúric. En 1915 foi nomeado director da Oficina Internacional de Pesos e Medidas de Sèvres. Fixo estudios sobre as unidades, o termómetro de mercurio, que codificou, e descubriu as aliaxes invar e elinvar. Das súas obras destacan Termometría de precisión (1889) e O níquel e as súas aliaxes (1898). En 1920 recibiu o Premio Nobel de Física, polas súas investigacións sobre as aliaxes de ferro e níquel.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor francés. Líder do Partido Radical Socialista francés, ocupou a alcaldía de Lyon durante 50 anos (1905-1942 e 1945-1957). Membro da Cámara de Deputados desde 1919, foi o seu presidente entre 1936-1940. Encarcerado durante a Segunda Guerra Mundial, ao rematar a contenda foi presidente da Asemblea Nacional (1947-1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Laos (16.500 km2; 247.300 h [1995]). A súa capital é Xam Nua.
-
PERSOEIRO
Pintor. Foi pintor de cámara do Rei Filipe V de España (1715). Cultivou temas mitolóxicos (Bacanal, 1719), o retrato (Don Luís, príncipe de Asturias, 1717), temas relixiosos (Sagrada Familia con san Xoán, 1726) e a paisaxe (Vista de El Escorial). Seu pai, René-Antoine Houasse (París 1644-1710), participou na decoración de Versailles.
VER O DETALLE DO TERMO