Drouais
Familia de pintores franceses. Hubert Drouais (Saint-Samson-de-la-Roque, Eure 1699 - París 1767) realizou retratos ao pastel e miniaturas. Foi nomeado membro da Académie Royale de Peinture et de Sculpture (1730) e pintor de cámara (1744). O seu fillo, François-Hubert Drouais (París 1727-1775) formouse co seu pai e con Boucher. Pintor de cámara dende 1755, foi retratista de Luís XV e da nobreza, á que representou nun artificioso ambiente campesiño. Entre as súas obras destacan Le jeune élève, Flora (A alumna nova, Flora) e Madame de Pompadour (1793-1794). Membro da Académie Royale de Peinture et de Sculpture dende 1758, foi nomeado conselleiro en 1774. O seu fillo, Jean-Germain Drouais (París 1763-Roma 1788) foi discípulo de David e recibiu o Prix de Rome en 1784.