"Odón" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 142.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes da familia dos chiasmodóntidos ao que pertence o peixe can.
-
-
Relativo ou pertencente aos cinodontos.
-
Réptil da suborde dos cinodontos.
-
Suborde de réptiles da orde dos terápsidos que existiron dende o Pérmico ata mediados do Xurásico e que deron lugar aos mamíferos. Engloba os xéneros Cynognathus, Massetognathus, Oligokyphus, Procynosuchus e Thrinaxodon.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Froito múltiple dos rosais constituído por un tálamo urceolado que xeralmente se volve vermello ao madurecer e que inclúe numerosas núculas.
-
-
Relativo ou pertencente aos ciprinodontiformes.
-
Peixe da orde dos ciprinodontiformes.
-
Orde de peixes osteíctios que viven nas augas doces e salobres, raramente nas salgadas. Son carnívoros, fitófagos ou ben omnívoros, e comen especialmente larvas de dípteros, feito que os converte en importantes elementos reguladores das pragas de mosquitos. Son moi abundantes nas augas continentais e nos esteiros de África, Asia e América, aínda que tamén se estenden, naturalmente ou por acción directa do home, por outras moitas rexións. Moitos deles son vistosos peixes de acuario.
-
-
-
Secuencia de tres unidades de nucleótidos do ADN ou do ARN que codifica un aminoácido particular ou que sinala o comezo ou a finalización da mensaxe xenética.
-
Secuencia de tres nucleótidos do ARN mensaxeiro, no que se transcribe a secuencia orixinal do ADN.
-
Codón do ARN mensaxeiro (AUG e GUG) que marca o inicio da síntese de polipéptidos ou tradución.
-
Codón responsable directa ou indirectamente do control da frecuencia coa que se transcriben os cistróns.
-
Codón do ARN mensaxeiro (UAA, UAG e UGA) que marca a finalización da síntese dunha cadea polipeptídica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de rinocerontes do Pleistoceno, de ata 3,5 m de lonxitude, co corpo recuberto dunha densa capa de pelo e con dous cornos na cabeza: un, de ata 1 m de lonxitude (nos machos), e outro á altura dos ollos. Viviu na estepa e na tundra euroasiáticas. Foi obxecto de caza por parte do home e consérvanse algunhas representacións, datadas en 30.000 anos, en covas do S de Francia.
-
-
Relativo ou pertencente aos corifodóntidos.
-
Mamífero da familia dos corifodóntidos.
-
Familia de ungulados extintos no Oligoceno, con especies de tamaño comprendido entre un roedor e un rinoceronte actual, de vida semiacuática e dieta herbívora. Pertence a esta familia o xénero Coryphodon.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de ungulados da familia dos corifodóntidos, de finais do Paleoceno e mediados do Eoceno, de ata 2,25 m de lonxitude. Posúen dentes caninos moi grandes que lle axudaban a desenterrar os rizomas das plantas acuáticas. Existen xacementos deste animal en América do Norte, Europa e L de Asia.
-
-
Relativo ou pertencente aos creodontes.
-
Mamífero da orde dos creodontes.
-
Orde de mamíferos carnívoros de corpo macizo, cranio groso e cerebro pequeno que apareceron hai 30 millóns de anos e que se extinguiron hai 7 millóns de anos. Distribuíronse por Europa, Asia, África e América do Norte. Pertencen a esta orde os xéneros Hyaenodon e Sarkastodon.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas da familia das poáceas ao que pertence a grama.
-
-
Relativo ou pertencente aos dicinodontos.
-
Réptil da suborde dos dicinidontos.
-
Suborde de réptiles terápsidos herbívoros que apareceron a finais do Pérmico e sobreviviron ata o final do Triásico. A clave da súa pervivencia está no modelo avanzado de cranio no que as aberturas sinápsidas que o caracterizan, apuntando o futuro esquema dos mamíferos, se alongaron para facer sitio a uns músculos mandibulares máis longos e fortes. A esta suborde pertencen os xéneros Cistecephalus, Dicynodon, Kannemeyeria, Lystrosaurus e Robertia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos fósiles da suborde dos dicinodontos, de ata 1,2 m de lonxitude, coa cabeza grosa, o corpo curto, e un par de caveiros longos e saíntes na mandíbula superior. Vivía baixo terra alimentábase de raíces e bulbos. Propios de finais do Pérmico, os xacementos máis importantes están en Sudáfrica e Tanzania.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao mamífero que ten dúas denticións sucesivas, a decidua ou de leite, e a permanente ou definitiva. Son difiodontos todos os mamíferos, agás algúns cetáceos odontocetos, os sirenios, os desdentados, os marsupiais e os monotremos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de réptiles depredadores, da orde dos pelicosauros, de ata 3 m de lonxitude. Presentaban unha crista cutánea no dorso -de ata 1 m de altura- que servía para a termorregulación. Propios de principios do Pérmico, os xacementos máis importantes están en Oklahoma e Texas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de réptiles, da orde dos pterosauros, de ata 120 cm de envergadura. Presentan unha cabeza grande e estreita de ata 20 cm de lonxitude. Propios de principios do Xurásico, os xacementos máis importantes están en Inglaterra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes, da familia dos diodóntidos, ao que pertence o peixe ourizo.
-
-
Relativo ou pertencente aos diodóntidos.
-
Peixe da familia dos diodóntidos.
-
Familia de peixes, da orde dos tetraodontiformes, á que pertence o peixe ourizo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos marsupiais herbívoros, de ata 3 m de lonxitude, provistos de patas plantígradas, propios do Pleistoceno. Os xacementos máis importantes están no S de Australia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade, situada no país dos molosos, no interior da rexión do Epiro. Destacou polo seu oráculo, consagrado a Zeus e á súa amante Dione. Os sacerdotes interpretaban o movemento dun gran carballo, o son das olas de cobre penduradas das súas pólas, e os murmurios dunha fonte como métodos de adiviñación e respostas de Zeus. Saqueada durante a época helenística, destruírona na Guerra dos Etolios (218 a C), polo que perdeu importancia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes mariños, da familia dos carápidos, de ata 30 cm de lonxitude, co corpo alongado, cilíndrico e translúcido, que viven nas cavidades viscerais das holoturias.