Dodona

Dodona

Antiga cidade, situada no país dos molosos, no interior da rexión do Epiro. Destacou polo seu oráculo, consagrado a Zeus e á súa amante Dione. Os sacerdotes interpretaban o movemento dun gran carballo, o son das olas de cobre penduradas das súas pólas, e os murmurios dunha fonte como métodos de adiviñación e respostas de Zeus. Saqueada durante a época helenística, destruírona na Guerra dos Etolios (218 a C), polo que perdeu importancia.

Palabras veciñas

dodo | Dodoma | Dodoma | Dodona | dodrantario -ria | dodrante | Dodro