"Oms" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 28.

  • Descrición dun átomo, realizada por J. J. Thomson, que supón que a carga eléctrica positiva está repartida uniformemente nunha esfera dentro da que se distribúen os electróns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico irlandés. Coñecido tamén como lord Kelvin, estudou sobre termodinámica, electrodinámica e termoelectricidade. Propuxo a escala absoluta de temperaturas que leva o seu nome (1848), formulou as leis da termodinámica e estudou, xunto con J.P. Joule, as expansións dos gases. Contribuíu ao estudo teórico da electrostática e inventou un tipo de galvanómetro. Formulou o comportamento dos circuítos oscilantes e as propiedades do magnetismo e da electricidade atmosférica. Investigou a termoelectricidade e descubriu o efecto que leva o seu nome. Afirmou que a corrente eléctrica nun condutor se concentra na superficie. Estudou a elasticidade e ideou un dispositivo para a integración mecánica das ecuacións diferenciais. Está considerado un dos grandes físicos do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa. Estudou na School of the Art Institute de Chicago e foi profesora (1983-1988) e catedrática de Teatro e Belas Artes na University of Colorado. A súa obra, caracterizada pola riqueza de referentes culturais, está chea de imaxes evocadoras e referencias pitóricas desde o surrealimo á pintura romántica. Acadou sona internacional coas series fotográficas Explorations (1994), Egypt of the Mind (1998) e Orphans (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da oblast’ de Tomsk, situada en Siberia, Rusia (475.000 h [1997]). Cidade portuaria no río Tom’, ten construcións mecánicas, electrotecnia e industrias químicas, alimentarias e de madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast’ de Rusia (316.900 km2; 1.071.900 h [estim 1999]). A súa capital é Tomsk.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fylke de Noruega (25.984 km2; 151.700 h [2001]). A súa capital é Tromsø.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do fylke de Troms, Noruega, situado na illa homónima (60.086 h [2001]). Está situada ao N do país, diante da illa de Kvaløy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Estudou os núcleos de condensación, os ións, a electricidade atmosférica, a radiación cósmica e os raios X e γ. Recibiu o Premio Nobel de Física (1927), compartido con A. H. Compton, polo seu método para facer visible o camiño das partículas cargadas electricamente mediante condensación de vapor, por medio da cámara que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO