Thomson, William
Físico irlandés. Coñecido tamén como lord Kelvin, estudou sobre termodinámica, electrodinámica e termoelectricidade. Propuxo a escala absoluta de temperaturas que leva o seu nome (1848), formulou as leis da termodinámica e estudou, xunto con J.P. Joule, as expansións dos gases. Contribuíu ao estudo teórico da electrostática e inventou un tipo de galvanómetro. Formulou o comportamento dos circuítos oscilantes e as propiedades do magnetismo e da electricidade atmosférica. Investigou a termoelectricidade e descubriu o efecto que leva o seu nome. Afirmou que a corrente eléctrica nun condutor se concentra na superficie. Estudou a elasticidade e ideou un dispositivo para a integración mecánica das ecuacións diferenciais. Está considerado un dos grandes físicos do s XIX.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Belfast -
Deceso
Lugar : Netherhall, North Ayrshire