"Onán" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 47.

  • Mudar en consoante unha vogal ou unha semivocal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Efecto fónico que se produce cando nunha rima se manteñen os sons consonánticos e se cambian as vocais tónicas, átonas, ou ambas as dúas. Pode ser simple, se a identidade entre as consonantes se limita ás situadas en posición postónica; ou dobre, se coinciden tanto na posición anterior como na posterior á vogal tónica. Na tradición poética moderna considérase un medio de enlace entre versos ou un recurso para incrementar a variedade estilística, que posibilita a creación de paronomasias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que decepciona.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten a propiedade de detonar.

    2. Substancia capaz de producir unha detonación ou explosión.

    3. Factor que provoca a orixe de algo.

    4. Mestura de dous gases que poden estoupar ao combinárense.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Combinación de sons disonantes ou discordantes.

      2. Calidade dalgúns intervalos ou acordes que producen un efecto de insatisfacción auditiva. Na harmonía tradicional tiña que ir seguida da súa resolución. Eran disonantes os intervalos que non formaban parte dos acordes perfectos ou das súas inversións, os intervalos de segunda, de sétima e todos os aumentados ou diminuídos. Na música moderna, a disonancia adquiriu valor por ela mesma.

    1. Efecto de disharmonía que provocan certos elementos no esquema rítmico dunha composición. Por extensión, alude a todo formante que non concorda co sentido xeral dun poema. Na narratoloxía aplícase ao distanciamento do narrador con respecto á interioridade dos seus personaxes, fronte á consonancia que indica a coincidencia nos sentimentos de ambos. Emprégase tamén para rexistrar o uso irónico da linguaxe que se deriva do desaxuste entre a intrascendencia do contido dun discurso e a elevación da súa expresión ou ao revés.

    2. Falta de acordo ou de harmonía que teñen algunhas cousas entre si.

    3. Estado de tensión producido nun individuo cando dous elementos cognitivos son incompatibles entre eles. O individuo afánase en reducir este estado pouco cómodo, aínda que teña que unir cognicións compatibles ou cambiar unha das cognicións disonantes. Esta teoría foi exposta por primeira vez no ano 1957 por Leon Festinger.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo terreo real de caza, situado en Huelva, orixe do parque nacional de Doñana. En 1624 era propiedade do duque de Medina Sidonia, logo pasou ao duque de Tarifa e máis tarde ao marqués de Borghetto. No 1964 converteuse nunha estación biolóxica do mesmo nome que deu orixe ao parque nacional (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espacio natural protexido que ocupa unha superficie de 50.720 ha -das que 10.000 son de propiedade pública- no golfo de Cádiz, na marxe dereita e na desembocadura do río Guadalquivir, dividido entre as provincias de Huelva, Cádiz e Sevilla. Propiedade entre 1309 e 1897 da Casa de Medina-Sidonia, que a obtivo logo da conquista aos árabes, empregouse fundamentalmente como couto de caza e débelle o nome a doña Ana de Silva y Pantoja, que viviu nun pazo no interior do coto a finais do s XVI. Foi declarado parque nacional en 1969. Alberga fundamentalmente tres ecosistemas relacionados: os complexos litorais de praia e dunas, as matogueiras ou cotos, e as marismas. Limita ao N co parque natural de Doñana (54.250 ha), declarado en 1989 e xestionado polo Goberno de Andalucía; nel pódense encontrar matogueiras mediterráneas, áreas húmidas estacionais e arrozais. A marisma forma unha gran planicie semiacuática e lamacenta de 22.000 ha atravesada por correntes de auga -denominadas caños-,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e médico escocés. Descendente dunha familia católica irlandesa, estudiou medicina en Edimburgo. Creou a figura de Sherlock Holmes, que se converteu nun heroe de ficción dunha das series máis coñecidas do xénero policial e protagonista de The Adventures of Sherlock Holmes (As aventuras de Sherlock Holmes, 1892) e Memoirs of Sherlock Holmes (Memorias de Sherlock Holmes, 1904). Dentro do mesmo estilo, creou o profesor Challenge en The Lost World (O mundo perdido, 1912) e The Poison Belt (O cinto envelenado, 1913). Tamén escribiu novelas de carácter histórico, como Micah Clarke (1889), The White Company (A empresa branca, 1890) e Sir Nigel (1906).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que emociona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á substancia que permite obter unha emulsión estable. As substancias emulsionantes teñen un dobre efecto, por unha banda, rebaixan a tensión interficial entre os líquidos, feito que diminúe considerablemente o traballo necesario para poder formar a emulsión; pola outra, estabilizan a emulsión, é dicir, evitan a coalescencia entre as pingas da fase dispersa ao deixar entre elas unha película da fase dispersante que impide o contacto. Empréganse como aditivos alimentarios co fin de homoxeneizar e estabilizar produtos polifásicos (a base de auga e graxa ou outras substancias) e de contribuír a alcanzar e manter o aspecto, a textura ou a consistencia axeitados. A función destes aditivos nos alimentos, igual que a súa tecnoloxía, é moi diversa e polivalente, e non soamente emulsionante, senón tamén dispersante, solubilizante, humectante, estabilizadora, antiescumosa, endurecedora, incorporadora e fixadora de aromas, de deterxentes, de lubricantes e doutras substancias. Como aditivos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coincidencia absoluta entre dous sons que o oído percibe como idénticos. Son equisonantes as oitavas simples, dobres, triples, etc, dunha nota. Tamén se inclúen os inharmónicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade dun circuíto ferrorresonante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que impresiona ou causa unha forte impresión no ánimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está situado entre consoantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten un só estame.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcano presente no petróleo que pode presentar 35 isómeros de cadea. O máis abundante é o n-nonano, líquido que ferve a 151°C e que se emprega na fabricación de deterxentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que obsesiona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe bíblico. Casou con Tamar, viúva do seu irmán, de acordo coa lei do levirato, pero para non darlle descendencia derramaba o seu seme sobre a terra, polo que foi castigado por Deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coito interrompido que consiste en retirar o pene da vaxina xusto antes de se producir a exaculación, normalmente para evitar a fecundación.

    2. masturbación.

    VER O DETALLE DO TERMO