"Orba" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 40.

    1. Chover suavemente.

    2. Formarse o orballo da noite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente do río Lambre que nace e desemboca na parroquia de Santa Xiá de Monfero (Monfero).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Chuvia fina, compacta e persistente con aparencia de néboa.

    2. Humidade en forma de gotas líquidas que se forman por condensación directa do vapor do aire sobre o chan, a vexetación e outros obxectos, principalmente durante a noite, cando estas superficies se arrefrian, por irradiación, ata unha temperatura inferior á do punto de orballo.

    3. Temperatura do aire á que o vapor de auga, a unha presión parcial determinada, sofre a saturación. A temperaturas inferiores á do punto de orballo ten lugar a condensación do vapor de auga contido no aire.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos días ou ao tempo en que hai orballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilamarín baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Orbán (Vilamarín). Ten planta irregular con patio exterior. Conserva a capela pegada ao edificio principal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Colaborou con L. Le Vau (1660-1670) en Vincennes e Versailles, e no proxecto da columnata do Musée du Louvre (1656?) e no Collège des Quatre Nations. Posteriormente dirixiu as obras de ampliación do palacio de Versailles (1670-1680). Desde 1676 traballou ás ordes de J. Hardouin-Mansart. Realizou tamén o Arc de Triomphe de Peyrou en Montpellier, o Observatoire (1665-1670) e a antiga sala da Comédie Française (1688), ambos os dous en París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lugo baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico dos tensioactivos obtidos a partir do alcohol hexavalente sorbitol. Son emulxentes non iónicos que xa entraron en practicamente todas as farmacopeas. Comercialmente son máis coñecidos polo nome de Tweens (T).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de porbaixar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Introducir na terra a rama dunha planta, especialmede da vide, para que saque novas raíces e forme unha nova planta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Gujarāt, India (116.546 h [1991]). Foi capital do antigo estado homónimo e a patria de Gandhi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, segundo marqués de Estella. Ingresou no exército en 1884, tomou parte nas guerras de Cuba e Filipinas e foi capitán xeneral de Madrid e de Catalunya (1922). A Desfeita de Annual (1921) e a situación política xeral determinaron o predominio da corrente intervencionista no exército e, o 13 de setembro de 1923, rebelouse para “salvar o país dos profesionais da política”. O goberno dimitiu o día 14, e o Rei Afonso XIII chamouno a Madrid. Ao día seguinte nomeou un Directorio Militar, co que comezou a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930). Ademais de presidir o Consello de Ministros, exerceu como ministro de Estado (1927-1928) e de Exteriores (1928-1930). O 26 de xaneiro de 1930, para reafirmarse no poder, pediu aos capitáns xenerais que lle ratificasen a súa confianza. A consulta foi negativa e o 28 de xaneiro dimitiu. Días despois trasladouse a París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas, da familia das rosáceas, ao que pertencen as pimpinelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito da sorbeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Almería, Andalucía, situado ao S da serra de Filabres (2.701 h [2001]). Ten industrias alimentarias e xacementos de ferro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de corda, da familia do laúde, algo máis grande, con dous mangos e oito cordas máis para os baixos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito unitario de Inglaterra, Reino Unido (63 km2; 129.706 h [2001]). É un centro de veraneo do litoral suroccidental de Lyme Bay.

    VER O DETALLE DO TERMO