orballo

orballo
  1. s m

    Chuvia fina, compacta e persistente con aparencia de néboa.

    Sinónimos: babuña, barrallo, barruzo, chuviñada, chuvisca, chuviscada, froallo, lapiñeira, morriñada, poalla, babuña, babuxa.
  2. s m [METEOR]

    Humidade en forma de gotas líquidas que se forman por condensación directa do vapor do aire sobre o chan, a vexetación e outros obxectos, principalmente durante a noite, cando estas superficies se arrefrian, por irradiación, ata unha temperatura inferior á do punto de orballo.

  3. punto de orballo [METEOR]

    Temperatura do aire á que o vapor de auga, a unha presión parcial determinada, sofre a saturación. A temperaturas inferiores á do punto de orballo ten lugar a condensación do vapor de auga contido no aire.