"Ortega" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 46.
-
PERSOEIRO
Médico. Doutorouse en Medicina en 1907 en Madrid. Foi discípulo de S. Ramón y Cajal. En 1911 estudiou farmacoloxía co Dr. Schmiedeberg en Estrasburgo. Desde a súa licenciatura dedicouse de forma preferente á patoloxía e seguiu formándose en gastroenteroloxía. Foi catedrático de Terapéutica da Universidad de Madrid (1912) e membro da Real Academia de Medicina de Madrid (1919). En 1922 demostrou a inconstancia da hiperclorhidria no ulcus. Xunto con G. Marañón escribiu Manual de medicina interna (1916). Foi un dos máximos impulsores do desenvolvemento da farmacoloxía moderna en España e gran mestre de terapéutica e gastroenteroloxía. Foi nomeado presidente da Sociedad Española de Patología Digestiva y de la Nutrición en 1933, desempeñando esta función ata o ano 1936. Foi presidente do Consejo Nacional de Cultura (1933), membro de cinco academias americanas, e membro de honor e medalla de ouro de numerosas academias españolas.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Chaguazoso (A Mezquita). O seu cumio acada os 961 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafa. Licenciada en Belas Artes e profesora de Comunicación Audiovisual na Universitat Politècnica de València a partir de 2002, expuxo en València (1990), Gandía (1992) ou Vigo (1996). Participou noutras mostras colectivas como a Exposición Universal de Mie (Xapón) e a VII Fotobienal de Vigo (1996), ademais de formar parte da colección permanente do CGAC.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Adestrador. Foi o primeiro director técnico da Federación Galega de Atletismo, de onde pasou a ser o responsable do equipo de fondo da Real Federación Española (1966-1972), para logo facerse cargo dos equipos de maratón (1973-1980) e campo a través (1989-1998). En 1999 foi elixido coordinador nacional de fondo da Real Federación Española de Atletismo. Foi adestrador oficial da selección española nos Xogos Olímpicos de México (1968), Múnic (1972) e Atlanta (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Foi ministro de Educación (1980-1981) e de Educación, Universidades e Investigación (1981). Exerceu como director corporativo en Repsol (1995-2002). Recibiu a Gran Cruz de la Orden de Isabel la Católica (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Empresario. En 1963 fundou Confecciones GOA dedicada á confección de batas con ombreiras fabricadas con menos custos, distribuídas e vendidas directamente a prezos menores ca a competencia, e en 1975 inaugurou a primeira tenda Zara na Coruña. Expandiu os seus negocios da rama téxtil por todo o mundo. O alto volume de negocios das súas empresas levouno á creación de Inditex (1985), grupo que preside e que en 2001 comezou a súa cotización no mercado bolsista. A través doutras sociedades participa tamén en empresas doutros sectores, como o eléctrico e a construción. En 2001 creou a Fundación Amancio Ortega, que ten como finalidade o desenvolvemento e modernización dos procesos de ensino e a incorporación de tecnoloxías avanzadas nos centros escolares.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante. Coñecido como Manolo Caracol, iniciouse no canto flamenco desde moi novo, xa que o seu pai tamén era cantante. Despois de gañar un concurso de canto marchou a Madrid, onde traballou en diversas compañías de variedades. En 1943 formou parella artística con Lola Flores, coa que realizou os filmes Embrujo (1946) e La niña de la venta (1951). Gravou varios discos, entre os que destaca Una historia del cante (1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. A súa obra, figurativista, caracterizouse pola sobriedade cromática e o realismo. Principalmente cultivou a temática campesiña e a paisaxe.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiadora da arte. Foi profesora na Universidade de Santiago de Compostela, dirixiu a sección de arte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e foi membro do Comité Español de Historiadores del Arte. Formou parte do consello de redacción da revista Cuadernos de Estudios Gallegos. Escribiu numerosos artigos, dos que destacan “A arte dos séculos XVII e XVIII” (1980) e “Las murallas de Compostela en los siglos XVI y XVII” (1988). É membro correspondente da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político nicaraguano. Membro de diversos movementos clandestinos de resistencia contra o réxime de Anastasio Somoza, co triunfo sandinista de 1979 foi nomeado membro da xunta do goberno revolucionario. Foi elixido presidente da República de Nicaragua en 1984. As guerrillas, o embargo económico de EE UU e a inflación crecente foron a causa da súa derrota nas eleccións de febreiro de 1990, que concederon a presidencia do país a Violeta Chamorro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista, escritor e político, fillo de José Ortega y Gasset. Foi fundador de Alianza Editorial (1966), onde promoveu as edicións de peto, e do xornal El País (1976), en que marcou a súa liña progresista e liberal. Dirixiu a Revista de Occidente na súa segunda época (1963). Fundou o grupo de comunicación PRISA e presidiuno ata 1984, cando foi nomeado presidente de honra. Asesor da UNESCO e membro da Unión Internacional de Editores, foi senador por designación real nas Cortes Constituíntes (1977). Publicou, ademais de numerosos artigos e do libro colectivo Amores de cinco minutos (1995), El área remota (1986), Relatos en espiral (1990), Historia probable de los Spottorno (1992) e Los Ortega (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ensaísta e filósofo. Estudou filosofía en Madrid e ampliou estudos en Alemaña. Foi catedrático de Metafísica na Universidad de Madrid (1910-1936). En 1931 foi elixido deputado pero exiliouse ao inicio da Guerra Civil española e residiu en Francia, Países Baixos, Arxentina e Portugal. Retornou a Madrid en 1945 e creou con Julián Marías o Instituto de Humanidades (1948). Fundou a revista España (1915) e a Revista de Occidente (1923). As súas teorías pretendían superar tanto o idealismo como o realismo mediante o establecemento da vida como realidade fundamental, o eu como eu e a súa circunstancia e a primacía da razón vital (raciovitalismo). Ofreceu a súa interpretación do fenómeno artístico-literario en Las meditaciones del Quijote (1914) e en La deshumanización del arte, mentres que nos oito volumes de El Espectador (1916-1928) fixo patente a súa grande actividade de publicista. A súa época de pensamento perspectivista quedou reflectida en El...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor, pai de José Ortega y Gasset. Militou no Partido Conservador e foi deputado polo distrito de Bande (1879-1881). Foi director e propietario de El Imparcial e máis tarde promotor do diario El Sol, conducido intelectualmente polo seu fillo. Cultivou a novela, o teatro e as narracións de viaxes.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Foi director dos balnearios de Carballo, Arteixo e Cuntis. Escribiu Memoria de los baños minerales de Carballo (1857) e Memoria de los baños minerales de Caldas de Cuntis (1865). Recibiu o título de comendador da Real Orden Americana de Isabel la Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e ensaísta. Ocupou o cargo de profesor en Cambridge e Harvard e está considerado como un dos críticos máis destacados de América Latina. Os seus estudos tratan a literatura, sobre todo a hispanoamericana do s XX, e a cultura. Das súas obras destacan Una poética del cambio (1992), El principio radical de lo nuevo (1997), The Picador Book of Latin American Short Stories (1998) ou Habanera (VII Premio de Novela Breve Juan March Cencillo, 1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gastrónoma. Publicou varios libros gastronómicos entre os que destaca 1080 recetas de cocina (1972). Recibiu o Premio Especial de Gastronomía (1987)
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Ortigueira a partir de 1988. Cesou en 1990. Subtitulada “Revista cultural e informativa da comarca”, estivo dirixida por Rafael Vierna Pita e por Obdulia Dopico Cachán (a partir do nº 4). Editada pola Asociación da Comarca de Ortegal, saíu cada dous meses, aínda que con bastante irregularidade. Mostrou interese polas enerxías renovables, a conservación do medio e as especies protexidas.
-
PUNTA
Punta máis occidental, despois de Estaca de Bares, da comunidade galega, situada na ría de Ortigueira. É o límite setentrional da serra da Capelada. Na marxe occidental do cabo sitúase a punta do Limo, considerada por algúns o verdadeiro cabo Ortegal, e no L, a punta dos Aguillóns. Presenta unha grande inestabilidade e fragmentación rochosa, sobre todo das ecloxitas, e as pendentes chegan a superar o 80%. En fronte do cabo Ortegal pódense divisar as illas Insua Maior, Cabalo Xoán, Tres Irmáns, A Longa e O Rodicio.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Comarca situada no N da Comunidade Autónoma de Galicia e da provincia da Coruña. Limita ao N co Océano Atlántico, ao S coas comarcas de Ferrol (concellos de Moeche e As Somozas) e do Eume (concello das Pontes de García Rodríguez), ao L coa comarca da Mariña Occidental (concellos do Vicedo e Ourol) e ao O de novo coa comarca de Ferrol (concellos de Cedeira e Valdoviño) e co Océano Atlántico. Abrangue unha superficie de 391,7 km2en que acolle unha poboación de 16.454 (2001), distribuída entre os concellos de Cariño (46,8 km2e 4.844 h), Cerdido (52,7 km2e 1.568 h), Mañón (82,2 km2e 1.870 h) e Ortigueira (210 km2e 8.172 h). O espazo comarcal sitúase na parte setentrional da provincia con dúas vilas de relativa importancia, Ortigueira e Cariño, aínda que recae en maior medida en Ortigueira.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Desde o punto de vista xeomorfolóxico está dividida en varias unidades aínda que a súa complexidade é moito... -
SEMANARIOS
Semanario publicado en Ortigueira a partir do 1 de xuño de 1889. Reapareceu o 4 de marzo de 1894 e cesou o 5 de agosto dese mesmo ano. Subtitulado
VER O DETALLE DO TERMO
“Semanario político independente”
, foi o voceiro do Partido Liberal da vila. Dirixido por Federico Maciñeira Pardo de Lama, centrouse nas diputas políticas locais.