"Otero" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 108.
-
GALICIA
Pintor. De formación autodidacta, cultivou a pintura relixiosa, histórica, rural, social e arqueolóxica. Da súa obra destacan Recordo da construción (1978), A batalla do Ebro (1980), Evacuación de feridos (1980), Adán e Eva no Paraíso (1980) e Castro de Borneiro. Cidá celta (1986). Recibiu o primeiro premio do Concurso de Arte Naïf da Fundación Pedro Barrié de la Maza (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Membro do Partido Republicano Galego (PRG), formou parte da comisión redactora do novo proxecto de Estatuto de Autonomía para Galicia en xullo de 1932.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sindicalista. Desde 1923 presidiu a Federación Provincial Agraria (FPA) e a Confederación Rexional de Agricultores Gallegos (CRAG). Integrouse na ORGA no período 1930-1931. Publicou Abolición de foros, censos y otras rentas de origen señorial (1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Director da Escuela de Arquitectura de Madrid desde 1923, dirixiu o equipo de arquitectos que fixo a cidade universitaria de Madrid. A súa obra mestura elementos secesionistas e historicistas, pero tendeu á simplificación ornamental.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Perito agrícola e xornalista. Foi profesor da Escola Normal de Pontevedra e defendeu a necesidade do ensino agrícola elemental e, sobre todo, a conveniencia de que cada escola dispuxese dun xardín. Publicou Los jardines escolares (1925) en que informa do xardín escolar dirixido por el en Fornelos (Pontevedra) desde 1923.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Diplomático e politicólogo. Foi agregado cultural para Centroamérica e Panamá, subdirector xeral de Asuntos Exteriores e embaixador en El Salvador. Destacan as súas obras sobre lexislación, Constituciones de Guatemala (1958), Constituciones de Honduras (1962), Las Constituciones de Venezuela (1965), Constituciones de Haití (1968) e Constituciones del Paraguay (1978). Tamén tratou outros temas en La pintura en Venezuela (1963), La herencia del 98 (1967) e Honduras (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade do Proterozoico con categoría de eratema.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Mesoproterozoico.
-
GALICIA
Poeta. Alcalde de Moaña (2003), deuse a coñecer na década de 1990 cunha poesía culturalista que pretendía afondar na condición humana sen limitacións espazo-temporais. Publicou estudos sobre figuras da literatura galega como Vicente Risco, Johan Carballeira e A. Castelao, e o poemario Este é o tempo do sal (1992), co que gañou o accésit do XI Premio Esquío. Escribiu tamén As palabras no espello (1995) e participou nas edicións de Profecía do mar (1995), de Bernardino Graña; e Da terra asoballada (1996), de R. Cabanillas. Foi galardoado en tres ocasións no Concurso Nacional de Poesía O Facho.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de poetas novos romanos da primeira metade do s I a C, que imitaban os modelos alexandrinos para introducir certas innovacións na poesía latina. Considerados os creadores da lírica romana, as súas composicións son breves, de gran perfección técnica e beleza formal e estilística. A partir deles, denomínase neoteroi aos poetas novos que, formando grupo ou escola, pretenden introducir innovacións na linguaxe, na forma ou no fondo da expresión poética. Os seus principais representantes son Valerio Catón e Caio Valerio Catulo do que se conserva a súa obra Catulli Veronensis Liber (Libro do veronense Catulo).
-
GALICIA
Empresario. Coñecido como Ramón Nieto, emigrou a Chile e, en 1914, abriu unha oficina de explotación e comercialización do sal, para logo chegar a ser dono dunha das máis grandes compañías salitreiras deste país, a Compañía Galicia. Fundou tamén o Banco Español e as compañías de seguros La Española e La Nueva España. De ideas racionalistas, de volta a Galicia marcouse como obxectivo mellorar a situación escolar galega, e para iso decidiu fundar as Escolas Nieto. A primeira delas abriu as súas portas en 1900 no barrio de Barreiro (Vigo).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. As súas liñas de investigación céntranse na historia do cine español e galego e na imaxe cinematográfica posmoderna. Colaborador habitual de A Nosa Terra, Grial e da Enciclopedia Galega Universal, participou nas publicacións Cine de vangardas 1915-1917 (1993), Técnicas de escrita de guións audiovisuais (2002) e Libro branco de cinematografía e artes visuais en Galicia (2004). Publicou O cine en Galicia (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e escritor. Militou no Partido Republicano e participou en diversos pronunciamentos e movementos políticos en favor da Primeira República Española. Foi deputado no Congreso de los Diputados (1873-1874) e, ao caer o réxime republicano, foi perseguido e tivo que exiliarse en Portugal. Escribiu Céltigos (1883), El mundo rural. Cuadros de costumbres (1890) e Regalo de la vida (1895).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido de orixe castelá que se estendeu por toda a Península.
-
Liñaxe que trae como armas, en campo de azul, unha torre de pedra; bordura de goles, con oito aspas de ouro. Outros usaban escudo cuartelado: 1º e 4º, en campo de goles, un caldeiro, de ouro; 2º, en campo de azul, un león rampante, de ouro; e 3º, en campo de sable, tres flores de lis, de prata. Outra variante presenta, en campo de azul, o cantón dereito de goles, e outra en campo de ouro, un carballo de sinople, con froita de goles.
-
-
GALICIA
Pintor. Coñecido como Laxeiro, en 1921 emigrou coa súa familia a Cuba, onde desenvolveu o oficio de pintor e de deseñador de vidreiras ao tempo que asistía a clases nocturnas de pintura e debuxo. Alí coñeceu a obra de Ignacio Zuloaga e Xesús Corredoira. Enfermou e regresou a Galicia en 1925 e comezou a traballar como barbeiro percorrendo as feiras. Esta profesión permitiulle a realización de debuxos e retratos onde xa comezou a mostrar a súa habilidade para retratar a psicoloxía da personaxe, neste momento xentes do campo. Nesta época coñeceu a Luísa Villamarín, con quen casou en 1934. En 1928 fixo as primeiras ilustracións para Céltiga, Faro de Vigo e El Pueblo Gallego. Nestas datas coñeceu a Manuel Colmeiro, quen o animou a continuar debuxando, e comezou a acudir a Santiago de Compostela ao parladoiro do Café Español, onde coñeceu a Carlos Maside e a Luís Seoane. As primeiras obras foron fundamentalmente retratos, en que amosou a personalidade do retratado...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e xornalista arxentino. Doutorouse na Universidad de Madrid coa tese Etiología y tratamiento del Lupus tuberculoso (1891), e especializouse na cirurxía do sistema nervioso. Foi o primeiro neurocirurxián que realizou con éxito a operación cirúrxica do sistema nervioso simpático cervical en España. Dirixiu o Hospital Provincial de Pontevedra (1910) e foi redactor e fundador do xornal compostelán Pero-Grullo (1888). Escribiu La cirugía del sistema nervioso en España antes de la época actual (1900) e Resección total y bilateral del simpático del cuello (1898).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Foi catedrático de Patoloxía Cirúrxica na Universidade de Santiago de Compostela e escribiu Galicia médica. Apuntes para servir al estudo de la geografía médica de Galicia (1867), onde estableceu a necesidade dun código hixiénico para Galicia e propuxo que debía coñecerse a etioloxía, a patoloxía, a climatoloxía e a riqueza termal de cada país que se pretendese estudar. Nesta obra expuxo tamén que os estudos médicos fosen acompañados de estudos antropolóxicos e históricos. Tamén publicou Llave de Patología general y especial quirúrgica doctrinal y clínica en alivio del estudiante (1872) e Vicisitudes y progreso de la medicina como ciencia y arte en relación con los demás conocimientos (1872).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Químico e farmacéutico. Foi alcalde de Santiago de Compostela. Escribiu Análisis de grasas, ceras y sus mezclas comerciales (1946) e Introdución al estudo físico-químico (1950). Publicou en revistas científicas unha gran cantidade de artigos relacionados coa analítica e a física-química e interesouse polo tema dos aceites e dos ácidos graxos de peixe e das técnicas de espumación. Colaborou con revistas de divulgación como Farmacia Nueva, Mares e Industria Conservera. Foi académico da Real Academia de Farmacia (1944). Recibiu o Premio Nacional da Real Academia de Farmacia (1944).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo e escritor. En 1926 ingresou na facultade de Filosofía e Letras da Universidad Central e tivo como mestres a Menéndez Pidal e Navarro Tomás. En 1931 entrou a traballar no Centro de Estudios Históricos e percorreu, na compaña de Julio Atalaya, moitos lugares de Castela, León, e, sobre todo, Galicia e o occidente de Asturias, recollendo materiais para o Romancero general de España (Romancero tradicional de las lenguas hispánicas). Cando se iniciaron os traballos do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (ALPI) pasou a formar parte do equipo encargado de facer o labor de campo. Xeograficamente percorreu Galicia e Portugal, as provincias de Valladolid, Segovia e Zamora e parte das de Palencia e Ávila. Estaba traballando no N de Portugal para o ALPI cando estalou a Guerra Civil Española; o 5 de agosto foi entregado polas autoridades lusitanas aos sublevados españois, que o encarceraron sucesivamente en Tui, na illa de San Simón, en Burgos e en Figueirido....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor, debuxante e deseñador. Formouse na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando en Madrid, onde se instalou definitivamente. As súas obras presentan formas con trazos surrealistas e conseguen conxeniar o naturalismo e a expresión abstracta. Traballou a madeira, o ferro e, sobre todo, os metais preciosos e o bronce, onde desenvolveu formas naturalistas e fantásticas ou fantasiosas, e deu vida ao seu particular bestiario, poboado de curuxas e outras aves nocturnas, simios, corvos e cabras. Deseñou xoias, tecidos e diversos obxectos. A súa obra está presente, entre outros, no Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside.
VER O DETALLE DO TERMO