"PS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 561.

    1. Individuo da orde dos ambliopsiformes.

    2. Orde de peixes da clase dos osteitios integrado por individuos moi semellantes aos da orde dos ciprinodontiformes, pequenos, de boca grande e non protráctil e o ano situado baixo a gorxa, diante das aletas pectorais; a maioría son despigmentados e teñen os ollos atrofiados. Son cavernícolas e viven na parte central dos EE UU. A orde consta dunha soa familia, a dos ambliópsidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • α-Amilasa cristalizada, de peso molecular aproximado 45.000, que se extrae do páncreas do porco e que se emprega en medicina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos cirpinodontiformes, duns 30 cm de lonxitude, de forma alongada e cor amarela verdosa; teñen os ollos grandes cunha estrutura especial que lles permite ver ao mesmo tempo no aire e na auga mentres nadan a rentes da superficie coa metade de cada ollo mergullada e a outra metade fóra da auga. Viven nas augas doces de América tropical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anacronía que retoma acontecementos pasados ao momento actual do discurso, rompendo a orde sucesiva do relato. O fenómeno contrario denomínase prolepse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recuperación das forzas despois dunha enfermidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á clase dos anápsidos.

    2. Réptil da subclase dos anápsidos.

    3. Subclase de réptiles caracterizados pola ausencia de fosas temporais. Comprende os quelónidos e dúas ordes extinguidas: cotilosauros e mesosauros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sílaba que, segundo as necesidades métricas, funciona como longa ou como breve. Denomínase tamén syllaba communis.

    2. Lugar do verso no que pode aparecer unha sílaba longa ou unha breve.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falta ou insuficiencia de vista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • antimetátese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento psiquiátrico nado en Inglaterra durante a década do 1960 como denuncia das bases da psiquiatría clásica. Considera a enfermidade mental como un fenómeno socioxenético e, polo tanto, estende a súa denuncia á organización da sociedade e dos sistemas ideopolíticos, rexeitando a existencia de enfermidades mentais. De acordo con isto, basea o seu tratamento nun cambio das estruturas sociais, onde deberán desaparecer os vínculos de autoridade, de poder, de opresión e de marxinación social. Foron representantes destacados deste movemento: en Inglaterra, R. D. Laing, D. G. Cooper e A. Esterson; en Francia, R. Gentís; e, en Italia, F. Basaglia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que actúa contra a sarna.

    2. Medicamento para combater a sarna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Práctica terapéutica que ten por obxecto combater e previr as infeccións, especialmente aquelas producidas como consecuencia de feridas, por destrución ou inhibición dos microorganismos que as producen. Pódese practicar a antisepsia mediante diversos tipos de axentes: desinfectantes, antisépticos, radiacións de onda curta, calor, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proteína sérica que inhibe a acción da tripsina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento operatorio de hemostasia que consiste en pechar os grandes pedículos vasculares cunha pinza de gran presión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anulación ou diminución das funcións químicas dixestivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Revelación dos acontecementos da fin do mundo presente na tradición relixiosa xudeu-cristiá. O mito da apocalipse, que culmina coa Gloria de Deus, é propio da mentalidade do pobo xudeu, que debido ao seu carácter nómada vivía na espera do seu establecemento final na Terra Prometida. Así, se os padecementos individuais sufridos durante a vida terrea serían recompensados coa permanencia despois da morte a carón de Deus, os da humanidade toda rematarán despois da Apocalipse. Os textos que configuran a literatura apocalíptica teñen, xa que logo, un carácter consolador, contrastando o feito do advenimento do mal co triunfo final da Gloria de Deus e a Salvación. Nunha linguaxe simbólica e escura, fálase de revelacións divinas e acontecementos que han suceder nun futuro afastado. Fundamentalmente é unha visión optimista da historia: o futuro será mellor porque a vitoria será de Deus, do ben fronte do mal, e porque se establecerá un mundo mellor e definitivo. A literatura apocalíptica...

    2. Estado catastrófico, tremendamente problemático, ou de moi difícil resolución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filme norteamericano dirixido en 1979 por Francis Ford Coppola e interpretado polos actores Marlon Brando e Charlie Sheen nos papeis protagonistas. Trata os desastres da Guerra do Vietnam.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ninfa da mitoloxía hindú. As apsarā, en número de máis de dez millóns, son semideusas acuáticas que viven no paraíso de Indra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Península da República de Acerbaixán, que se interna no mar Caspio. É a prolongación do Gran Cáucaso, e ten un relevo de costas baixas e areosas, xunto cun núcleo central onde se atopan numerosas explotacións de petróleo e gas natural. O principal núcleo de poboación é Bakú.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apoastro ou periastro dunha órbita, como por exemplo, cada un dos extremos do eixe maior da órbita elíptica que un planeta describe ao xirar arredor do Sol.

    2. Liña que une o apoastro e o periastro dunha órbita. No caso dun planeta que xira arredor do Sol, o eixe maior da órbita elíptica.

    VER O DETALLE DO TERMO