antisepsia
antisepsia
(< gr ἀντισῆψις ‘contrario á putrefacción’)
s
f
[MED]
Práctica terapéutica que ten por obxecto combater e previr as infeccións, especialmente aquelas producidas como consecuencia de feridas, por destrución ou inhibición dos microorganismos que as producen. Pódese practicar a antisepsia mediante diversos tipos de axentes: desinfectantes, antisépticos, radiacións de onda curta, calor, etc.