"Parga" (Contén)

Mostrando 19 resultados de 39.

  • Construción situada en Recaré (O Valadouro). Ten planta cuadrangular. Á esquerda da porta da fachada principal, sitúase a torre curva acaroada ao edificio principal. Os muros son de cachotaría e utilizouse cantaría para as ventás abucinadas. A cuberta é de laxas de lousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nome con que se coñece o pintor que realizou as pinturas murais das igrexas de Santo Estevo de Parga (Guitiriz) e Santo Estevo de Paderne (Castroverde). O seu estilo caracterizouse pola reiteración no tratamento das expresións e pola harmonía dos motivos decorativos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Parga, ao seu paso por Parga (Guitiriz). Trátase dunha ponte realizada no s XV, en cantaría, con catro vans formados por arcos oxivais e tallamares triangulares. Posteriormente ampliouse o seu ancho sobre ménsulas de formigón. Une o antigo camiño de Lugo a Betanzos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capela situada en Guitiriz. Construíuse en estilo gótico, ten unha soa nave rectangular e ábsida case cadrada, con cuberta de lousa. O arco triunfal é apuntado. A primitiva cuberta da nave era un artesoado que se ocultou polo teito de madeira. A ábsida cóbrese cunha bóveda nervada sexpartita. No interior destacan os capiteis das columnas, decorados con motivos vexetais, harpías e cabezas humanas. No exterior, os muros, de cantaría, reforzáronse con contrafortes. A fachada principal é do s XVIII e ten porta arquitrabada e espadana dun van con remates neoclásicos. No lado sur consérvase unha das portas da construción orixinal cun arco de medio punto lixeiramente apuntado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Guitiriz. Construída no s XII en estilo románico, ten nave de planta rectangular e capela maior de planta cadrada. Posteriormente engadíuselle a sancristía e outro corpo no lateral esquerdo. Realizouse en cantaría e ten cuberta de lousa a dúas augas na nave e a catro no presbiterio. No interior destacan as pinturas murais con escenas da Paixón, Anunciación e Cristo en Maxestade e unha ara con inscricións romanas. A fachada é do s XVIII e ten a porta arquitrabada, unha ventá rectangular na parte central e remata nunha espadana de dobre corpo. No ángulo co muro lateral dereito hai un reloxo de sol. No adro consérvanse varios sarcófagos antropomorfos medievais e unha pía bautismal gótica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dominicano de orixe galega. Foi membro do convento de San Domingos en Santiago de Compostela e predicador nos conventos de Viveiro e A Coruña. En 1778 foi nomeado misioneiro para Galicia e predicador xeral da súa orde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario concedido polo Rei Carlos II en 1679 a Xosé de Bolaño Ribadeneira e Mariñas , señor da Puebla de Parga e das fortalezas de Torés e Xunqueiras, entre outras. A súa filla e herdeira, María Xosefa Rosa Bolaño Ribadeneira foi a II marquesa e casou con Tomé de los Cobos Sarmiento de Mendoza, capitán xeneral do Reino de Galicia e fillo do X conde de Ribadavia. A súa filla María Xosefa de los Cobos Bolaño Ribadeneira (?-Madrid 1767), foi a III marquesa e casou con Fernando Gayoso Arias y Ozores, III conde de Amarante e vizconde de Oca. O seu fillo Domingo Gayoso de los Cobos y Bolaño Ribadeneira (?-1803), foi o IV marqués e herdou tamén os títulos paternos e os de conde de Ribadavia (XIV), marqués de Camarasa (VIII), con Grandeza de España, e conde de Ricla. Desde entón o marquesado seguiu a mesma liña sucesoria que o condado de Ribadavia ata 1871: Joaquín Gayoso de los Cobos (?-1849),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e político, fillo de Luciano Puga Blanco. Coñecido como Picadillo, licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e foi xuíz municipal de Arteixo, concelleiro (1914) e alcalde da Coruña (1917). Colaborador de El Noroeste e El Orzán, destacou como escritor de temas gastronómicos e costumistas. Da súa obra destacan Treinta y seis maneras de guisar el bacalao (1901), Integración de algunas materias de derecho civil (1901), La cocina práctica (1905), Las 56 maneras de hacer el bacalao (1906?), El rancho de la tropa (1909), Pote aldeano (1911), Vigilia reservada. Minutas y recetas (1912) e Mi historia política (1917).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Guitiriz baixo a advocación de san Breixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Guitiriz. Construíuda no s XII en estilo románico, modificouse nos ss XVIII e XIX. Da primitiva construción consérvase un muro cun ventanal e canzorros. Ten unha nave rectangular e capela maior de planta cadrada, á que se accede por un arco triunfal de medio punto. A cuberta é de lousa a dúas augas na nave e a catro na capela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Guitiriz baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Salvador de Parga (Guitiriz). De planta rectangular e dúas alturas, a fachada principal ábrese cara a un patio interior e ten un soportal no medio e unha balconada na planta superior. O acceso ao patio realízase por un portón. Conserva un escudo na fachada principal e outro na capela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Guitiriz baixo a advocación de santa Cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Guitiriz baixo a advocación de santa Locaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de insectos, da orde dos lepidópteros, con ás triangulares e antenas longas. A especie S. pilleriana é a causante dunha das pragas que poden afectar á vide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Guitiriz baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiu ata 1945 o concello de Guitiriz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito, V conde de Pallares. Doutor en Filosofía e Letras, en 1930 ingresou no corpo de arquiveiros, bibliotecarios e arqueólogos. Foi vicedirector (1952) e director en funcións (1966) do Museo Arqueológico Nacional, conservador da sección de manuscritos da Biblioteca Nacional (1967) e vicedirector da Escuela de Estudios Medievales do CSIC. Das súas obras destacan La división de Wamba (1943), Las peregrinaciones a Santiago de Compostela (1948), Las donaciones sobre las presuras del obispo Odoario de Lugo (1950) e El camino de Santiago (1965). Foi numerario e anticuario perpetuo da Real Academia de la Historia e membro do Instituto Arqueolóxico Alemán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xurista, III conde de Pallares. Estudou leis en Salamanca, Santiago de Compostela e Madrid, onde se graduou en 1851. Foi membro do Consello de Estado (1893-1904) e do Tribunal Contencioso-Administrativo (1897), deputado polos distritos de Lugo (1857-1858), Mondoñedo (1863-1864) e Vilalba (1871-1872, 1876-1877) e senador por Lugo (1872), vitalicio desde 1877. Fundou El Correo de Lugo (1860) e cofundou e dirixiu El eco de Galicia (1872). Recibiu, entre outros galardóns, as cruces de Carlos III e Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO