Parga, Santo Estevo de

Parga, Santo Estevo de

Igrexa parroquial situada en Guitiriz. Construída no s XII en estilo románico, ten nave de planta rectangular e capela maior de planta cadrada. Posteriormente engadíuselle a sancristía e outro corpo no lateral esquerdo. Realizouse en cantaría e ten cuberta de lousa a dúas augas na nave e a catro no presbiterio. No interior destacan as pinturas murais con escenas da Paixón, Anunciación e Cristo en Maxestade e unha ara con inscricións romanas. A fachada é do s XVIII e ten a porta arquitrabada, unha ventá rectangular na parte central e remata nunha espadana de dobre corpo. No ángulo co muro lateral dereito hai un reloxo de sol. No adro consérvanse varios sarcófagos antropomorfos medievais e unha pía bautismal gótica.