"Pite" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 48.

  • Aplícase ás veas e depósitos minerais formados por augas quentes de pouca profundidade e temperatura (entre 50°C e 200°C).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao adxectivo cando non funciona como un especificador respecto do substantivo que completa nin achega, ao contexto onde aparece, ningún contido significativo esencial. O adxectivo cualificativo clara, en Bebeu auga clara daquel río, é unha forma de epíteto, porque non funciona como especificador respecto do substantivo auga, o que, sen embargo, está especificado polo sintagma preposicional daquel río. A mesma unidade cualificativa, nunha expresión como A auga clara deixa ver a terra do fondo; a auga turbia non, ten unha función especificativa e, polo tanto, non é epíteto respecto de auga. OBS: Tamén se denomina explicativo.

      1. Cualificación eloxiosa ou inxuriosa que se lle dá a alguén.

      2. Insulto que se lle di a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estrutura vexetal semellante a un talo.

    2. Columna ou pilastra coa parte inferior máis fina ca a superior, en forma de pirámide invertida. Adoita funcionar como un soporte ou como un elemento decorativo. Foi un elemento propio da arquitectura do Barroco hispánico e americano.

    3. Poste vertical da cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos da orde dos dermópteros que comprende dúas especies (C. volans e C. variegatus), que acadan uns 40 cm e se caracterizan pola presenza de pataxio. Habita no SL de Asia e en Indonesia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recubrimento ectodérmico do conduto neural embrionario que está constituído por células epiteliais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Simio fósil, da familia dos homínidos, que viviu no Mioceno Superior ou no Plioceno Inferior de Toscana. Pola súa capacidade craniana e pola súa talla aseméllase aos pónxidos actuais. Crese que habitou hai uns 10 millóns de anos nos bosques e na serra dos Alpes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Laponia, Suecia (372 km). Desemboca en Piteå, no golfo de Botnia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante e escritor grego. É autor da descrición dunha viaxe marítima efectuada máis alá das columnas de Heracles, cara a Europa setentrional. Malia que as noticias sobre a súa obra, provenientes de Estrabón, Diodoro e Plinio, son escasas e contraditorias, crese que este periplo si se realizou, probablemente cun dobre obxectivo, comercial e científico. As súas descricións dos fenómenos das mareas e da latitude puideron confirmarse grazas aos coñecementos recentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben os individuos antropoides do xénero Pithecanthropus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte do galiñeiro ou dependencia onde se crían pitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Loña do Monte (Nogueira de Ramuín). O seu cumio acada os 923 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Carballiño baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Maceira (Lalín). O seu cumio acada os 696 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que cría ou vende pitos ou galiñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. pitelo.

    2. Xogo infantil que consiste nun pau espetado no chan cara ao que se tira unha moeda para establecer a orde en que se vai intervir noutro xogo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Racha pequena de madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Verea baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do judeţ de Argeş, Romanía, situada nos contrafortes dos Cárpatos, próxima a Argeş (187.001 h [estim 1999]). É un importante centro da industria química e conta con xacementos de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pliopitécidos.

    2. Simio da familia dos pliopitécidos.

    3. Familia de mamíferos, da orde dos primates, que presentaban un fociño non moi proxectado, caninos longos e molares con tubérculos redondeados, indicados para a súa dieta a base de follas. A caixa cranial era de pequeno tamaño e algunhas especies posuían cola. Viviron en África e Europa, apareceron hai 35 millóns de anos, no Oligoceno, e extinguíronse no Mioceno hai 10 millóns de anos.

    VER O DETALLE DO TERMO