epíteto

epíteto

(

  1. s m [LING]

    Aplícase ao adxectivo cando non funciona como un especificador respecto do substantivo que completa nin achega, ao contexto onde aparece, ningún contido significativo esencial. O adxectivo cualificativo clara, en Bebeu auga clara daquel río, é unha forma de epíteto, porque non funciona como especificador respecto do substantivo auga, o que, sen embargo, está especificado polo sintagma preposicional daquel río. A mesma unidade cualificativa, nunha expresión como A auga clara deixa ver a terra do fondo; a auga turbia non, ten unha función especificativa e, polo tanto, non é epíteto respecto de auga. OBS: Tamén se denomina explicativo.

  2. s m
    1. Cualificación eloxiosa ou inxuriosa que se lle dá a alguén.

      Ex: Despois do certame todos eran epítetos para o gañador.

    2. Insulto que se lle di a alguén.

      Ex: Anoxouse con el e chamoulle todos cantos epítetos había.

Palabras veciñas

epítema | epitermal | epítese | epíteto | epítoco -ca | epítome | Epitonium