epíteto
(
-
s
m
[LING]
Aplícase ao adxectivo cando non funciona como un especificador respecto do substantivo que completa nin achega, ao contexto onde aparece, ningún contido significativo esencial. O adxectivo cualificativo clara, en Bebeu auga clara daquel río, é unha forma de epíteto, porque non funciona como especificador respecto do substantivo auga, o que, sen embargo, está especificado polo sintagma preposicional daquel río. A mesma unidade cualificativa, nunha expresión como A auga clara deixa ver a terra do fondo; a auga turbia non, ten unha función especificativa e, polo tanto, non é epíteto respecto de auga. OBS: Tamén se denomina explicativo.
-
s
m
-
Cualificación eloxiosa ou inxuriosa que se lle dá a alguén.
Ex: Despois do certame todos eran epítetos para o gañador.
-
Insulto que se lle di a alguén.
Ex: Anoxouse con el e chamoulle todos cantos epítetos había.
-