epítome

epítome

(< lat epitŏme < gr ἐπιτομή ‘corte’ ‘resumo’)

  1. s m
    1. Compendio dunha obra extensa feito cunha finalidade didáctica. Na Antigüidade, os epítomes tiveron unha ampla difusión; tal foi o caso, por exemplo, dos de Tito Livio en Ab urbe condita.

    2. Obra en que se dan as nocións máis elementais sobre unha materia.

  2. s m [RET]

    Figura que consiste en repetir, despois de moitas palabras, as primeiras para acadar unha maior claridade.

Palabras veciñas

epítese | epíteto | epítoco -ca | epítome | Epitonium | epítopo | epitoquia