"Quiroga" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 50.

  • GALICIA

    Oceanógrafo. Licenciado en Ciencias pola Universidad Complutense de Madrid, foi oceanógrafo-xefe de equipo no Centro Oceanográfico da Coruña, secretario da comisión técnica científica da consellería de Pesca, xefe do servizo e sección da dirección provincial do ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e concelleiro na Coruña. Boa parte do seu labor dedicouno á investigación sobre os mamíferos mariños e a pesca da balea en España. Escribiu La riqueza marisquera de Galicia (1974) e Guía de cetáceos. Cetáceos de las costas ibéricas atlánticas (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Violinista e pintor. Formou parte, xunto con Sarasate e Manén, dos grandes violinistas españois a escala internacional. Interpretou obras dos compositores máis afamados e como compositor deixou diversos Caprichos para violín, cadencias de obras de coñecidos compositores, algunha habanera e alborada, diferentes cantos e Variaciones sobre el Capricho 24 de Paganini. No apartado pictórico foi un autodidacta, especialmente a partir de 1938, cando unha enfermidade lle impediu tocar o violín. Destacou como debuxante e recibiu a influencia do postimpresionismo. Da súa produción pictórica destacan os retratos e caricaturas como Caricatura de Straüss (1928), Caricatura de Pau Casals (1940?), María Galvani (1945?) e os diferentes autorretratos que se conservan. Realizou tamén paisaxes en acuarela, como Rúa do Villar (1916), Unha vila na montaña (1931?) e Rúa no porto (1949?), e bodegóns como Floreiro con rosas. Recibiu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño. De orixe galega, acadou o cargo de sarxento maior. Destinado a Filipinas, durante a viaxe desde América recalou na illa de Guam (Marianas) en 1680, onde o gobernador abandonou o cargo. Foi nomeado gobernador interino da illa, enfrontouse ás rebelións indias e consolidou o dominio español nas Marianas. Acadou o posto de gobernador en propiedade e en 1699 trasladouse a Manila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro naval e capitán de navío. Ocupou diversos cargos dentro da carreira militar. Foi presidente da Federación Galega de Vela (1988-2002), promovendo o barco Galicia 93 Pescanova, da Asociación Galega de Actividades Náuticas. Recibiu a Cruz do Mérito Naval e a Cruz de San Hermenegildo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso e mariño. Seguiu a carreira de mariño e en 1736 ingresou na Compañía de Xesús. En 1745 marchou a Arxentina, onde destacou como cartógrafo e matemático. Fundou a cátedra desta materia na Universidad de Córdoba e foi profesor no colexio de San Ignacio de Bos Aires. Explorou, por orde de Filipe V, as costas meridionais de Río de la Plata ata o estreito de Magallanes. En 1767 foi expulsado de Arxentina e marchou desterrado a Italia. Publicou Relación del viaje a la costa de los Patagones, editada en varias linguas; Tratado del arte verdadero de navegar (1784) e Breve noticia del viaje por el río Paraguay; e, como cartógrafo, Mapa de las misiones de la Compañía en los ríos Paraná y Uruguay (1749).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Eclesiástico. Formouse no Seminario de Ourense e ordenouse sacerdote en 1922. Foi ecónomo da parroquia de Santiago de Campobecerros en Castrelo do Val (1922-1923) e coadxutor na parroquia de Santa Eufemia a Real do Norte en Ourense (1923-1925). Doutorouse en Teoloxía na Universidade Pontificia de Santiago (1925) e licenciouse en Sagradas Escrituras no Pontificio Istituto Biblico de Roma (1928). Durante a súa estancia en Ourense, foi ecónomo da parroquia de Santa María de Razamonde (Cenlle), profesor e director espiritual do seminario, ecónomo e despois párroco de Santa Eufemia a Real do Norte e consiliario da Acción Católica. Formou parte dos movementos culturais galeguistas xunto con V. Risco, F. L. Cuevillas, R. Otero Pedrayo, X. Lourenzo e X. Ferro Couselo. Co pseudónimo de F. Pazos publicou varios artigos en galego na revista Logos. Fundou a folla Verdad y Vida, de temátiva relixiosa, escrita en castelán pero con entradas en galego. Foi cóengo lectoral da catedral de Valladolid...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e político. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1944), foi alcalde de Petín (1953-1956). Cofundador de Acción Política Orensana, que se integrou en UCD, presidiu a cooperativa vinícola Nuestra Señora de las Viñas (1972-1975). Foi senador electo por Ourense (1977-1986) e, durante a etapa preautonómica, conselleiro de Sanidade e Traballo e presidente da Xunta Preautonómica de Galicia (1979-1982). Foi deputado no Parlamento galego por UCD (1981-1985). Recibiu a Medalla de Cabaleiro da Orde da Constitución e a Cruz de Venezuela de Fernández Miranda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Coñecido como o cura de Casoio, en 1809 ocupouse de alertar a poboación da chegada dos franceses. Foi comandante das forzas de Valdeorras e castigou duramente aos homes de Soult en Montefurado. Redactou unhas ordenanzas en 24 artigos para manter a disciplina dos homes baixo o seu mando que quedaron manuscritas. Ao finalizar a Guerra da Independencia, rexeitou unha coenxía en Ciudad Rodrigo. O seu irmán Xoán Bernardo Quiroga Uría (O Hospital, Quiroga s XIX) tamén participou nas guerrillas para loitar contra os franceses. Formou parte da Xunta Superior de Galicia e foi deputado pola provincia de Lugo (1810-1813).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador do cine. Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, foi responsable da Filmoteca de Galicia e profesor na Escola de Imaxe e Son da Coruña. Pioneiro na investigación da historia do cine en Galicia, publicou numerosos traballos sobre as orixes do espectáculo cinematográfico en Galicia, como El cine en Galicia durante la Segunda República (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista, irmán de Vicente Quiroga Vázquez. Licenciado en Dereito, formou parte do Partido Alfonsino. Foi deputado pola sección de Lugo (1869-1872), pola de Quiroga (1876-1879) e polo distrito de Valdeorras (1879-1884 e 1896-1901); senador pola provincia de Lugo (1884-1885) e pola de Ourense (1903-1904), e director xeral de Agricultura (1895),

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, irmán de Manuel Quiroga Vázquez. Pertenceu ao Partido Liberal, foi deputado polo distrito de Quiroga durante dez ocasións entre 1872 e 1907, e senador pola provincia de Lugo (1896-1898 e 1910-1911).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada na Pobra de San Xiao (Láncara). Está composta por diferentes volumes, cun corpo principal, unha torre, de planta cadrada, e dependencias anexas que lle dan o aspecto de fortaleza. Os muros son de cantaría granítica e a cuberta de lousa. Conta cun patio interior en forma de T. Na fachada principal destaca a porta arquitrabada e dous escudos de armas vinculados cos Quiroga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca situada no SL da provincia de Lugo, no L da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N coas comarcas de Sarria (concello de Samos) e Os Ancares (concello de Pedrafita do Cebreiro); polo S coas comarcas de Terra de Trives (concellos de San Xoán de Río, A Pobra de Trives e Manzaneda) e Terra de Caldelas (concello de Castro Caldelas); polo L coa comarca de Valdeorras (concellos de Larouco, A Rúa e Vilamartín de Valdeorras) e a provincia de León; e polo O a comarca de Terra de Lemos (concellos da Pobra do Brollón e Monforte de Lemos). Abrangue unha superficie de 578 km2cunha poboación de 7.038 h (2001), distribuída entre os concellos de Folgoso do Courel (192,8 km2; 1.498 h [2001]), Quiroga (317,4 km2; 4.169 h [2001]) e Ribas de Sil (67,8 km2; 1.371 h [2001]). A súa cabeceira comarcal é a vila de Quiroga. Pertence ao partido xudicial de Monforte de Lemos.
    Xeografía física
    O substrato litolóxico existente na comarca...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza da arte paleocristiá realizada en mármore e datada no s V. Localizouse en 1925 na igrexa de Santa María da Ermida (Quiroga). Representa o monograma de Xesús Cristo, rodeado dunha coroa circular composta dunha dobre liña de perlas, entre as que se sitúa unha banda cunha lenda gravada a bisel. Puido ser un aplique dunha fachada, xa que a parte posterior está sen labrar ou formar parte da mesa de ofrendas e colocarse sobre unha columna de mármore. O mármore con listado azul en que está realizada pode proceder das canteiras do Incio. Aparece deteriorado nalgunhas partes porque a xente do lugar, ben por fe ou ben por superstición, a raspaba co fin de obter uns pos ou areas que consideraban eficaces para curar certos males.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor uruguaio. Dun modernismo moderado pasou a un realismo con criterio estético, e finalmente ao conto de carácter psicolóxico. Autor ocasional de poemas, novelas e obras teatrais, destacou especialmente no conto. Da súa obra salientan El crimen de otro (1904), Cuentos de amor de locura y de muerte (1917), Cuentos de la selva (1918), Anaconda (1926) e Más allá (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Actuou como pianista en Madrid. Destacou como autor de zarzuelas, como Pepita Romero (1944), de comedias musicais e de cancións como “Ojos verdes”, “María de la O”, “Pena mora” e “Ay pena, penita, pena”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixiosa. Coñecida como Sor Patrocinio ou A monxa das chagas, descendía dunha familia de fidalgos galegos. Era carlista e estaba pretendidamente estigmatizada, ademais de ser milagreira. Foi procesada por impostora en 1836 e desterrada a Talavera de la Reina. Conselleira de Isabel II e do seu esposo, formou parte da camarilla ultrarreaccionaria, ata o punto de derrocar a Narváez. En 1868 fuxiu a Francia e volveu coa Restauración. Escribiu numerosas obras de piedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Torres de San Tirso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • San Clodio de Ribas de Sil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido por Afonso XIII en 1931 a Joaquín Quiroga Espín (Madrid 1880? -?). Sucedeuno en 1971 o seu fillo Joaquín Quiroga Díaz (? - Madrid 24.10.1983), II conde de Quiroga-Ballesteros. O seu sucesor foi o seu fillo Joaquín Quiroga Sartorius. Trae por armas escudo medio cortado e partido: 1º, de ouro, un carballo de sinople e base da mesma cor, cun lobo de sable pasante; 2º, de goles, cinco paus cortados ao pé de ouro; e 3º, de ouro, aciñeira de sinople e dous lobos de sable, pasantes, un diante e outro detrás; timbrado, con coroa condal.

    VER O DETALLE DO TERMO