"RAM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1337.

  • Expresión latina que significa ‘á letra, ao pé da letra, literalmente’ e indica que o que se cita son palabras textuais de alguén. Outra variante desta locución é ad pedem litterae.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exame do frotis do suco ganglionar, extraído por punción dun ganglio linfático, que consiste no cómputo de células no microscopio óptico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de adestrar ou adestrarse.

    2. Exercicios realizados con animais, especialmente con cans, coa intención de que realicen movementos ensaiados, que localicen persoas soterradas ou para atopar mercadorías delitivas, etc.

    3. Sesión na que os deportistas executan exercicios para o mantemento da súa forma física e a mellora da técnica e táctica individual e colectiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. raia bicuda.

    2. Home corpulento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Carta expedida por avión. O termo aplícase especialmente a unha carta consistente nunha folla de papel lixeira que unha vez pregada é ao mesmo tempo carta e sobre. O franqueo, prepagado, está impreso na mesma folla.

    2. Diagrama aerolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de aferrar ou aferrarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de aflorar.

    2. emerxencia.

      1. Lugar onde se pode ver o substrato rochoso in situ.

      2. Área na que aparece unha unidade litolóxica particular, sexa visible ou non.

    3. Área na que unha capa, un filón ou un depósito mineral aparece na superficie do terreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. No ano 1978 publica o poemario Xuramento dun galego onde hai unha forte pegada da literatura oral, reflectida tanto na lingua popular empregada coma na sinxeleza da métrica. Outras das súas obras a destacar son: A aguillada do Moncho (1980) e Cadros de onte (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de aforar.

    2. Contrato asinado entre o propietario e unha persoa á que se lle cede a propiedade, polo cal estará obrigado a pasarlle ao primeiro unha renda determinada, chamada foro.

      1. Medida do caudal dun fluído que pasa por un conduto determinado. Os procedementos de aforamento clasifícanse en directos e indirectos. Os directos miden volumes do fluído en función do tempo; os indirectos consisten en medir a velocidade do fluído e multiplicar esta velocidade pola superficie da sección mollada.

      2. aforamento por contador

        Aforamento directo empregado para medir o caudal dun líquido ou dun gas nun conduto de dimensións non demasiado grande, consistente en intercalarlle un contador que totaliza a cantidade de fluído que pasa.

      3. aforamento por depósito gradual

        Aforamento directo consistente en medir o tempo que a auga procedente do conduto que se vai aforar tarda en encher un volume contido entre dous niveis determinados dun depósito.

      4. aforamento por detección de radiacións emitidas por radioisótopos

        Aforamento indirecto que consiste en inxectar, nun punto dun conduto, un radioisótopo e observar o tempo que a radiación tarda en aparecer noutro punto corrente abaixo.

      5. aforamento por métodos electromagnéticos

        Aforamento indirecto que consiste en adaptar á condución do fluído un dispositivo capaz de crear un campo magnético que, ao ser atravesado polo fluído, orixina unha corrente eléctrica, proporcional á velocidade deste fluído, que pode ser medida doadamente.

      6. aforamento por molinete

        Aforamento indirecto consistente en colocar, no interior da corrente e en paralelo ao sentido xeral de circulación, uns molinetes que, ao xiraren movidos pola corrente, permiten coñecer a velocidade en cada punto a partir do número de voltas que dan durante un tempo determinado.

      7. aforamento por orificios calibrados

        Aforamento directo consistente en deducir o caudal dunha lectura das presións ou da diferenza de presións nuns puntos adecuados situados preto destes orificios (diafragmas, tobeiras, tubos de Venturi).

      8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Campo de mámoas situado na parroquia de Xillar (Outeiro de Rei). Debido á presenza de antas nas que a cámara é de planta poligonal e polas características do enxoval achado no seu interior pertence ao apoxeo do Megalitismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome alemán da cidade de Zagreb.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que carece de regras gramaticais.

    2. Que é incorrecto dende o punto de vista da gramática dunha lingua determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Raspar os ladrillos, baldosas ou azulexos para igualalos.

      2. Construír unha parede con cachotes de ladrillo.

      3. Figurar con pinturas fiadas de ladrillos nunha parede ou construción.

    1. Trazar ou marcar liñas rectas paralelas por medio do gramil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Independentista cubano. Estudiou leis e uniuse a Céspedes contra os españois (1868). Redactou a primeira Constitución da República Cubana (1869). No 1870 foi o xefe das tropas rebeldes. Morreu en acción de guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos agramonteses.

    2. Membro dun dos dous bandos (agramonteses e beaumonteses) en que se dividía o Reino de Navarra dende mediados do s XIV ata comenzos do XVI. Con motivo da sucesión da Raíña Branca de Navarra (1441) os beaumonteses puxéronse do lado de Carlos, príncipe de Viana, mentres que Pedro de Agramonte se aliñou co pai daquel, o Rei viúvo Xoán de Aragón. No 1512, os agramonteses axudaron a Fernando II de Aragón, o Rei Católico, á anexión de Navarra, primeiro á coroa aragonesa, e despois á de Castela (1515).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Lleida (4.925 h [1996]). Produce cereais, frutais, gandería porcina. Tamén ten industria metalúrxica, outra para a elaboración de chocolate e turróns. Igrexa románica de Santa María (1163).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo teatral que principiou a súa andaina en 1926, ano no que presentou o espectáculo O menciñeiro, a partir do texto homónimo de Euxenio Charlón Arias e Manuel Sánchez Hermida, coa dirección de Emilio Nogueira. Nos anos sucesivos presentaron novos espectáculos creados a partir de textos representativos da dramática da época escritos por autores como Manuel Lugrís Freire, Leandro Carré Alvarellos, Avelino Rodríguez Elías, Herminia Fariña Cobián ou Armando Cotarelo Valledor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Gubla (Biblos). Moi nomeado polas dúas inscricións en escritura fenicio-alfabética (non anteriores ao s X a C) do seu sartego, que data do s XIII a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal exipcio (As pirámides) fundado en Alexandría no 1875 e editado despois no Cairo, chegando a ser un dos de máis difusión do mundo árabe.

    VER O DETALLE DO TERMO