agramontés -sa
agramontés -sa
-
adx
Relativo ou pertencente aos agramonteses.
Ex: É un escrito agramontés moi antigo.
-
s
[HIST]
Membro dun dos dous bandos (agramonteses e beaumonteses) en que se dividía o Reino de Navarra dende mediados do s XIV ata comenzos do XVI. Con motivo da sucesión da Raíña Branca de Navarra (1441) os beaumonteses puxéronse do lado de Carlos, príncipe de Viana, mentres que Pedro de Agramonte se aliñou co pai daquel, o Rei viúvo Xoán de Aragón. No 1512, os agramonteses axudaron a Fernando II de Aragón, o Rei Católico, á anexión de Navarra, primeiro á coroa aragonesa, e despois á de Castela (1515).