"Raúl" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 41.
-
PERSOEIRO
Futbolista. Xogador do Real Madrid Club de Fútbol, debutou co primeiro equipo en 1994. Gañou 4 ligas, 3 Copas de Europa, 1 Supercopa de Europa, 3 Supercopas de España e 2 Copas Intercontinentais. Máximo goleador da selección, conseguiu 31 goles en 59 partidos. Foi Trofeo Pichichi e gañador da Bota de bronce Europea na tempada 1998-1999.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista. Doutor en Ciencias Económicas pola Universidad Complutense de Madrid (1992). En 1960 trasladouse a Venezuela, onde foi nomeado asesor xeral do equipo de goberno da presidencia da República (1969-1974). Delegado ante a Oficina de Información Económica e Social das Nacións Unidas en dúas ocasións, foi membro da delegación do Parlamento Latinoamericano na Primeira Conferencia Mundial de Poboación celebrada en Bucarest (1974). Colaborou nos periódicos La Voz de Galicia, ABC, El Nacional, El Universal, Expansión e El País, no semanario El Español, e nas revistas Destino, Vida Gallega e Letras. Foi locutor de Radio Nacional de España, de Radio Nederland, en Holanda, e da BBC de Londres. Foi finalista do Premio Planeta coa novela A fuego lento (1958) e publicou ademais La novela futura (1958), Cuatro esquinas (1968), Mujeres únicas (1971) e La integración económica como alternativa inédita para América...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político peruano. Exiliado en México (1923-1930 e 1954-1956), fundou a Alianza Popular Revolucionaria Americana (APRA) en 1924. Un golpe de estado militar impediulle ocupar a presidencia que gañara nas eleccións de 1962. Coa vitoria do APRA nas eleccións de 1978 converteuse en presidente da Asemblea Constituínte. Escribiu Por la emancipación de la América Latina (1927) e Treinta años de aprismo (1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Francia, na rexión administrativa de Languedoc- -Rosellón (6.101 km2; 896.441 h [1999]). A capital é Montpellier.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da física e da enxeñería que estudia o equilibrio e o movemento dos líquidos, principalmente en función das súas aplicacións técnicas, e os aparatos, as instalacións e os sistemas destinados á súa manipulación mecánica. Os aspectos máis teóricos da hidráulica englóbanse na mecánica de fluídos. Desde 4.000 a C fixéronse obras hidráulicas aplicadas á agricultura (presas, canles, pozos), aparatos para elevar a auga (noras) e aparatos para o aproveitamento enerxético (roda hidráulica). No período grecorromano destacou a escola de Alexandría (Arquímedes, Ctesíbios, Filón, Herón), onde coincidiron progresos de coñecementos e creacións prácticas (rosca de Arquímedes, bomba aspirante-impelente, bóla de Herón). Durante a Idade Media a roda hidráulica tomou importancia como fonte de enerxía mecánica. Torricelli, Pascal e Newton formularon as súas teorías, onde aparecen os principais conceptos empregados modernamente (presión, viscosidade ou resistencia ao movemento). Durante os ss XVIII e XIX,...
-
-
Relativo ou pertencente á hidráulica.
-
Relativo ou pertencente á auga embalsada ou canalizada ou distribuída por medio de tubos.
-
-
Que se move ou funciona por medio de auga ou doutro líquido.
-
Que impulsa auga ou outro líquido.
-
-
Aplícase a certos materiais, como o cemento ou a cal, que se endurecen dentro da auga.
-
-
GALICIA
Xurista e político. Foi reitor da Universidad Internacional Menéndez Pelayo (1980-1983), profesor universitario e director da Revista de Política Comparada. Foi cofundador e deputado do Partido Socialista Popular (PSP), parlamentario europeo polo CDS e embaixador de España ante a UNESCO e en Portugal (1995-1999). Escribiu Política y partidos en Chile: las elecciones de 1965 (1968), España 1970: perspectiva (1970), Por una sociedad democrática y progresista (1982), Los orígenes ideológicos del franquismo: acción española (1985), La transición política (1993) e Atando cabos: memorias de un conspirador moderado (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. En 1972 emigrou a Barcelona e colaborou en diversos xornais. A maior parte das súas obras foron adaptadas ao cine. Da súa produción destacan Sinatra (1984), La rubia del bar (1986), A solas con Betty Boop (1989) e El aullido del mundo (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ave de aproximadamente 23 cm, caracterizada por ter a cola longa, a plumaxe da cola e das ás con manchas brancas, e un canto e un asubío similar ao do gaio azul.
-
PERSOEIRO
Escritor, irmán de Claude Perrault. Realizou unha poesía galante e foi o protexido do ministro Colbert. A súa obra máis importante está nos contos, en prosa e verso, recollidos en Contes de ma Mère l’Oye (1697), onde se rexistran fábulas tan coñecidas como “O gato con botas” ou “A ratiña presumida”, cun estilo sinxelo e de carácter popular, que puido escribir o autor a partir de lendas coñecidas na época. Amosouse partidario da modernidade no seu libro dialogado Le parallèle des anciens et des modernes en ce qui regarde les arts et les sciences (1688-1698). Foi elixido membro da Acadèmie Française (1671).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto, médico e científico, irmán de Charles Perrault. Na Corte de Luís XIV de Francia foi intendente en xefe dos edificios reais. Inspirou e proxectou a construción do castelo de Sceaux (1674-1677), para Jean-Baptiste Colbert.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista arxentino. Secretario da Comisión Económica para América Latina e o Caribe e da UNCTAD. Nas súas obras analizou o imperialismo das sociedades industriais avanzadas en relación cos países subdesenvolvidos, como en Hacia una dinámica del desarrollo lationamericano (1963), Los obstáculos del Mercado Común Latinoamericano (1967), Transformación y desarrollo. La tarea de América Latina (1970) e Introdución a Keynes (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que provén de Raoul, forma francesa do nome xermánico Radulf, constituído por rad ‘consello, conselleiro’ e (w)ulf ‘lobo’.
-
PERSOEIRO
Duque de Borgoña (921-923) e rei de Francia (923-936). Casou cunha filla de Roberto I de Francia, a quen sucedeu tras a súa morte. En 930 derrotou aos normandos, o que lle permitiu impoñerse á nobreza.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(s XI) Relixioso. De orixe inglesa, foi discípulo de san Bernaldo e fundou a abadía de Vaucelles en 1131, preto de Cambrai (Versailles), da que foi o primeiro abade. A súa festividade celébrase o 30 de decembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘noite’.
-
GALICIA
Editor. Fundador de Xuntanza Editorial (1986), da que é director-xerente, e vicepresidente do Instituto de Estudios Políticos y Sociales. Ademais da edición de obras de tipo xeral, levou a cabo a primeira edición do Quixote en galego e diversos códices, como o Livro de Horas da Condessa de Bertiandos (s XVI) e o Atlas de Lázaro Luis (s XVI).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Especializado na área de contemporánea, centrouse no estudo da emigración galega. Publicou Os intelectuais do agrarismo: protesta social e reformismo agrario na Galicia rural, Ourense, 1880-1936 (1999); Galicia nos tempos de medo e fame: autarquía, sociedade e mercado negro no primeiro franquismo, 1936-1959 (2001) e As cartas do destino: unha familia galega entre dous mundos (1919-1971), con X. M. Núñez Seixas (2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Catedrático de Filosofía no Instituto Cervantes de Madrid (1963), foi subdirector xeral de ensino medio e profesional (1969), presidente da Asociación Provincial de Catedráticos de Institutos de Enseñanza Media, director xeral de Ordenación del Profesorado (1977) e director de Ordenación Académica da Fundación Universitaria San Pablo CEU. Recibiu a Gran Cruz al Mérito Militar e a Gran Cruz de la Orden Civil de Alfonso X el Sabio (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Realizador e guionista cinematográfico. Columnista de El Ideal Gallego na década de 1970, colaborou en diversos cineclubs, festivais e mostras de cine galego e realizou un documental para o COAG sobre a demolición do edificio Castromil de Santiago. Traballou como guionista de Veneno puro (1984) e en longametraxes como Continental (1989). Na década de 1990 iniciouse en labores de dirección e produción, primeiro como axudante de Miguel Castelo, e logo coa fundación da produtora Fenda filmes/Os filmes da fenda, para a que dirixiu A metade da vida (1994) e Arde amor (1999).
VER O DETALLE DO TERMO