Grien Docampo, Raúl

Grien Docampo, Raúl

Economista. Doutor en Ciencias Económicas pola Universidad Complutense de Madrid (1992). En 1960 trasladouse a Venezuela, onde foi nomeado asesor xeral do equipo de goberno da presidencia da República (1969-1974). Delegado ante a Oficina de Información Económica e Social das Nacións Unidas en dúas ocasións, foi membro da delegación do Parlamento Latinoamericano na Primeira Conferencia Mundial de Poboación celebrada en Bucarest (1974). Colaborou nos periódicos La Voz de Galicia, ABC, El Nacional, El Universal, Expansión e El País, no semanario El Español, e nas revistas Destino, Vida Gallega e Letras. Foi locutor de Radio Nacional de España, de Radio Nederland, en Holanda, e da BBC de Londres. Foi finalista do Premio Planeta coa novela A fuego lento (1958) e publicou ademais La novela futura (1958), Cuatro esquinas (1968), Mujeres únicas (1971) e La integración económica como alternativa inédita para América Latina (1994). É membro da Fundación Alfredo Brañas desde 1990.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña