"Ricardo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 82.

  • PERSOEIRO

    Sindicalista. Entre 1901 e 1904 ingresou na cadea, acusado de disparar contra o oficial da Garda Civil responsable da represión da folga xeral do mes de maio. Presidente da Sociedad de Camareros y Cocineros Marítimos, viaxou á Arxentina onde se relacionou cos anarquistas. Membro da Federación de Sociedades Obreras de la Región Española da Coruña (1905), participou en 1919 no congreso da Confederación Nacional del Trabajo (CNT) e formou parte da ponencia que debateu a unión entre a CNT e a Unión General de Trabajadores (UGT). Contra o 1920 foi deportado tralas loitas sociais desatadas na cidade herculina e retirouse da militancia activa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e compositor. Recibiu a primeira formación musical co seu pai, Xosé Courtier, violinista que tivo como discípulo a Pablo Sarasate. Posteriormente, estudiou a carreira de piano no conservatorio de Madrid. Rematados os estudios, foi director da banda de música da Pobra de Trives, ata que acadou, por oposición, a praza de director da Banda Municipal de Ourense (1910). A banda ourensá conseguiu con el triunfos en distintos certames. Dedicou parte da súa actividade á composición; escribiu a música para a zarzuela Flor de cardo, sobre texto de Antonio Suárez de Puga, estreada no Teatro Eslava de Madrid o día 25 de maio de 1904. Ten un só acto dividido en catro cadros, en prosa e verso, e editouse na imprenta de S. Velasco, en Madrid. A acción transcorre en terras valdeorresas; o río Sil aparece nomeado repetidas veces. A muiñeira da obra está dedicada a Helena Quiroga Velarde. Da súa produción destacan, ademais, as pezas Rosicler, Hechizo, El Club, Os...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mercedario galego. Foi asistente xeral da súa orde en Roma, fundador do colexio da Mercede xunto co marqués de Valdivia, vigairo provincial da orde e comendador do mosteiro de Poio. Colaborador en numerosos xornais e revistas, entre outras obras, publicou: Estudio histórico de la acción de los mercedarios en Chile (1919), Apostolado social del clero (1922), La escuela laica ante el tribunal de la razón y de la historia (1922), La cuestión social (1923), Prejuicios contra el catolicismo (1924), El problema del niño en el Ecuador (1925) e El apostolado seglar en los tiempos presentes (1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e crítico literario. Exerceu a crítica en Acento Cultural e Ínsula. Destacou polos seus estudios sobre teatro contemporáneo, como El teatro hoy (1966) e El teatro de Buero Vallejo (1973). A súa narrativa iniciouse no realismo social para evolucionar cara a unha literatura fantástica e imaxinativa, como en La rebelión humana (1968), Tiempos (1980) e La pirámide de Kheops (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e economista. Foi asesor da Agencia Internacional del Desarrollo e do Banco Nacional Panameño. Tras ocupar a vicepresidencia da República, foi presidente entre 1982 e 1984.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e compositor. Clarinete da Banda Municipal de Santiago de Compostela e posteriormente o seu director (1921), escribiu os poemas sinfónicos Río Umia e El Pórtico de la Gloria e as zarzuelas La Virgen de Cristal e Ronsel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e político. Estudiou leis en Santiago de Compostela e comezou a exercer no concello de Tui. En 1879 trasladouse a Madrid, onde foi pasante no bufete de Montero Ríos; ocupou diversos cargos políticos como concelleiro e tenente alcalde, deputado provincial e presidente da Diputación de Madrid. Foi deputado polo concello de Chantada (1896 e 1898).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionario mexicano. Contrario á ditadura de Porfirio Díaz, en 1906 fundou en EE UU o Partido Liberal Mexicano, de ideoloxía socialista, que inspirou o movemento obreiro mexicano. En 1918 dirixiu un manifesto a todos os anarquistas do mundo, polo que foi condenado e encarcerado na prisión de Leavenworth, onde morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Dramaturgo. Desenvolveu a súa carreira en Bos Aires, onde participou activamente na vida cultural da comunidade emigrante e promoveu a creación de grupos de teatro. É autor de diversas pezas nas que mestura a defensa dos sinais de identidade de Galicia coas estampas da vida rural. Entre elas podemos citar Un ovo de dúas xemas, Catro estampas de beiramar, Nai e filla ou Uxío!.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor. Realizou os estudios musicais na súa cidade natal e en Vigo, e logo ingresou na banda do Rexemento de Murcia. Formou parte de numerosas orquestras e bandas, tanto en España como en América, e estableceuse en Cuba. Da súa produción destaca Camiño longo, Noite de lúa, A fouce esquecida e Melodía gallega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, narrador e dramaturgo. A súa obra está vinculada ao Movemento Dramático Rexional, que apostaba pola recreación da Galicia rural, unhas veces desde a exaltación e outras desde unha denuncia tímida de problemáticas como o caciquismo ou a emigración. Da súa autoría son O rei da carballeira (1917) e Vaites..., vaites! (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Comezou como axudante de dirección do seu tío Jesús Franco e con pequenas curtametraxes como El desastre de Annual (1970). Dirixiu a película Pascual Duarte (1976), baseada na obra de Camilo José Cela. Outras películas destacadas da súa produción son Los restos del naufragio (1978), El sueño de Tánger (1986), Oh, cielo! (1994) e La buena estrella (1997), que recibiu varios Goya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militante anarcosindicalista. Afiliouse durante os anos vinte ao Sindicato de Camareros y Cocineros Marítimos La Cosmopolita e exerceu como director do voceiro Solidaridad Obrera e como secretario da CRG dende finais de 1923. Foi encarcerado en outubro de 1924 como presunto responsable do asasinato do presidente da patronal ferrolá, Nicasio Pérez. Participou en 1930 no Pacto de Lestrove e, ao iniciarse o período franquista, foi expulsado do seu traballo e pasou varios anos na cadea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante humorístico e crítico taurino. Coñecido como K-Hito, colaborou no semanario Cucut! (1914-1915). Instalado en Madrid, debuxou para diversas publicacións periódicas e dirixiu Macaco, Gutiérrez e Dígame. Publicou, entre outras obras, Yo, García. Una vida vulgar, Manolete ya se ha muerto e De la Ceca a la Meca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante e escritor. Coñecido como Xohán Ledo, traballou como ilustrador na editorial Galaxia en obras como Á lús do candil: contos a carón do lume, de Ánxel Fole (1953), As crónicas do Sochantre, de Álvaro Cunqueiro (1956), Maxina ou a filla espúrea, de M. Valladares (1970) e A outra banda do Iberr, de Xohana Torres (1965). Colaborou en Grial e Galicia Emigrante e, entre outras obras, en Pintura actual en Galicia (1951) e Maside: un pintor para unha terra (1979). Con A. Cunqueiro publicou Carlos Maside (1954) e foi autor de Index Indicente (1975). Traduciu ao galego Ricardo III (1998) e Xulio César (1998) de W. Shakespeare.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Foi propietario do balneario do Incio e da fábrica de electricidade de Belesar (Chantada). Deputado polo distrito de Almagro (Ciudad Real) en 1916, representou posteriormente a Galicia como deputado polo distrito de Noia (1918-1923) e pola provincia de Lugo (1936). Trala Guerra Civil exiliouse en Francia onde fundou o xornal L’Espagne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Viviu en Europa o nacemento das vangardas. Nos seus últimos anos evolucionou cara a pensamentos orientais e caracterizados polo espiritualismo. Da súa produción destacan El cencerro de cristal (1915), Don Segundo Sombra (1926), novela que idealiza a vida na Pampa, e El sendero (1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Investigador e crítico literario. Cofundador e director da revista Literatura, publicou, entre outras obras, Las secretas galerías de Antonio Machado (1958), Galdós, novelista moderno (1960), El último Juan Ramón (1968) e La novela lírica (1984). En 1989 recibiu o Premio Príncipe de Asturias de las Letras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi restaurador do Museo Municipal Quiñones de León e profesor na Escola de Artes e Oficios. Cultivou a paisaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de escena. Vinculouse a grupos como La Guadala e Lejanía, onde comezou a súa carreira profesional, que combinaba coa asistencia a seminarios de formación con profesores do Teatro Laboratorio de J. Grotowski, do Odin Teatret de Eugenio Barba ou do Berliner Ensemble de Bertolt Brecht. Creou en Sevilla a compañía Atalaia (1983) e puxo en marcha o obradoiro Territorio de Tiempos Nuevos (1994), compañías coas que realizou espectáculos como Así que pasen cinco años, La rebelión de los objetos, Hamletmachine, Elektra, Divinas palabras e El público.

    VER O DETALLE DO TERMO