"Rilo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 60.

  • (Xerusalén 315? - 386?) Bispo de Xerusalén (350) e doutor da Igrexa. Combateu o arianismo. Logo de ser nomeado bispo, foi deposto por un concilio de corenta bispos e sufriu tres exilios (357, 360 e 367); ata o ano 378 non recuperou a súa sé. Asistiu ao Concilio de Constantinopla (381) e defendeu a fe de Nicea. Compuxo unhas Catequeses, que se presentaron nun dobre libro; o primeiro recolle 18 homilías coresmais destinadas aos candidatos ao bautismo e o segundo 5 homilías para os novos bautizados. A súa festa celébrase o 18 de marzo

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo e apóstolo dos eslavos. De nome Constantino, foille atribuído o alcume de o Filósofo pola súa intelixencia. Estudiou en Constantinopla na Escola Magna e recibiu leccións de cultura clásica de Focio. Despois de ser ordenado sacerdote, realizou na compañía de seu irmán Metodio unha misión relixiosa e diplomática no pobo dos kházaros, e converteu o mesmo khan. Nomeado bispo en Roma polo Papa Adriano II, tomou o nome de Cirilo e emprendeu a conversión dos eslavos das rexións de Bohemia e Moravia (860). Edificou templos e fundou centros de ensino por Dalmacia, Polonia e Hungría, como a academia de Buda. Opúxose ao dogma trilingüe, que só autorizaba a profesar o cristianismo en grego, latín e hebreo, e traduciu ao eslavo os textos bíblicos e litúrxicos do rito romano, mediante un novo alfabeto de 38 letras (glagolítico ou cirílico), que se lle ten atribuído de forma errónea. Xunto co seu irmán Metodio recibiu o título de “apóstolo dos eslavos” e ambos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome procedente do latín Cyrillus, e este do grego Kυριλλος, nome persoal testemuñado só en época cristiá que significa ‘divino ou do Señor’. Este adxectivo deriva, á súa vez, da voz grega κύριος -α   -ον   (‘que ten autoridade, señor, patrón’), que, coma Ciríaco, pasou xa na época cristiá a designar a Deus. A festividade de Cirilo de Xerusalén celébrase o 18 de marzo; a de Cirilo de Alexandría, o 27 de xuño, e a de Cirilo e Metodio, o 14 de febreiro. San Cirilo é titular dunha parroquia e a Igrexa ortodoxa celébrao o 6 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Animal de cabeza grande, afundida e alongada no fociño, cun corpo semellante ao dun lagarto pero con placas córneas por enriba en vez de escamas. Ten a cola longa e moi poderosa, que lle serve coma órgano propulsor para a natación ou a defensa. As patas son curtas, as anteriores teñen cinco dedos libres ou unidos por unha membrana, e as posteriores teñen catro, de carácter membranoso. Son animais ben adaptados ao medio acuático. Os orificios nasais ábrense no extremo do morro, en posición dorsal, e están dotados dun sistema valvular que lles permite pechalos cando o animal se somerxe; os pulmóns teñen unha gran capacidade e poden almacenar o aire suficiente para as inmersións, que poden ser breves ou moi longas. A miúdo permanecen completamente mergullados, soamente cos orificios nasais e cos ollos na superficie, feito que lles permite vixiar constantemente, buscando posibles víctimas. Entón, mediante un pregamento palatino, poden separar o aparello respiratorio completamente do dixestivo,...

    2. Animal duns 3,5 m de longo que se caracteriza por ter o fociño moi longo. Está distribuído dende Ecuador ata Florida.

    3. Animal que mide entre 4 e 5 m de longo. Vive nos ríos da zona tropical e subtropical de África.

    4. Animal que chega aos 5 m de longo e que ten o fociño moi longo. Vive nas augas interiores da península de Malaca e das illas de Borneo e Sumatra.

    5. Animal de ata 1,75 m de lonxitude e cun tabique nasal óseo. Vive en África occidental, especialmente na cunca do río Congo.

    6. Animal de ata 5 m de lonxitude. Vive nos ríos e en zonas lamaguentas da India, Sri Lanka, Myanmar, etc.

    7. Animal de ata 10 m de lonxitude. É característico dos esteiros dos ríos meridionais da India, Sri Lanka, Myanmar, China meridional, etc. A miúdo penetra no mar ata 100 m da costa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óxido de aluminio e berilio, de fórmula B6Al2O4. Cristaliza no sistema rómbico e ten unha estrutura idéntica á da olivina. É dunha cor amarela verdosa. A súa dureza é de 8,5 e presenta unha densidade de 3,75. As variedades puras constitúen pedras preciosas, coma a alexandrita e o ollo de gato. Tamén recibe o nome de aluminato de berilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten forma de rectángulo.

    2. rectángulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bacteria que ten forma de bacilo curvo helicoidal e que se move por medio de flaxelos polares, como as dos xéneros Spirillum, Aquaspirillum, Oceanospirillum e Azospirillum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radical de fórmula C6H5-CH=CH- que deriva formalmente do estireno por eliminación dun átomo de hidróxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cardiopatía conxénita moi rara, constituída por unha estenose da arteria pulmonar, unha hipertrofia do ventrículo dereito e unha comunicación interauricular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está provisto de fibrilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radical trivalente de fórmula (PO.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radical univalente do furano, de fórmula C4H3O-.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Nome común que reciben diversas especies de insectos ortópteros, da familia dos grílidos, que se caracterizan por teren un corpo grande e robusto, cabeza grosa provista de dous ollos compostos e un par de antenas longas relacionadas co sentido do olfacto e do tacto, a función auditiva realízana uns órganos timpánicos que se localizan nas tibias das patas dianteiras. Son de color parda escura e presentan un tórax con tres segmentos, cun par de patas cada un, e os dous últimos cun par de ás. As ás anteriores atópanse endurecidas e as posteriores son moi pequenas ou desapareceron. Os grilos son insectos saltadores, xa que non poden voar, xeralmente omnívoros, que viven en lugares secos baixo a terra, de costumes crepusculares, aínda que algúns prefiren as horas de máis calor e con ciclos vitais dun ano. Son insectos cantadores, o macho produce un son agudo moi característico rozando os élitros.

      2. grilo común

        [Gryllu

      3. grilo doméstico

        [Gryllu

    1. Peza do muíño, pertencente ao seu mecanismo de rotación, situada na parte inferior do veo, entre o touzo do rodicio e a ra, e que consiste nun cono metálico coa punta redondeada.

    2. [Gryllotalpa gryllotalpa, Fam dos grilotálpidos]

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radical univalente, de fórmula C12H25-, derivado do dodecano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo grego. Relacionouse cos protestantes e mostrouse tolerante coa súa doutrina. Nomeado patriarca de Alexandría en 1602, ocupou en 1621 a sé de Constantinopla. Acusado de patriota e de desviacionista, foi estrangulado por orde do sultán. Parece ser o autor dunha Confesión (1629), libro doutrinal que foi atacado violentamente polos católicos e os gregos latinizantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao matrilocalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema social en que os cónxuxes viven na casa da nai da esposa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Compoñente que contén na molécula o grupo funcional RqC "FF2DFF33 30B430B730C330AF"; "FF2DFF33 30B430B730C330AF" >≣ N. A acción dos ácidos e das bases sobre os nitrilos dá os ácidos carboxílicos correspondentes, segundo as reaccións

    FORMULA

          RCN + OH-+ H2O D RCOO-+ NH3
         RCN + H++ 2H2O D RCOOH + NH4
    Os nitrilos alifáticos son líquidos de constante dieléctrica alta que se empregan como disolventes e que se obteñen por reacción dos cianuros metálicos con haluros de alquilo, segundo a reacción

    FORMULA2

      RX + NaCN D RCN + NaX
    Esta reacción é moi importante, porque permite alongar nun carbono a cadea. Algúns dinitrilos alifáticos empréganse polas súas propiedades terapéuticas, así por exemplo, o dinitrilo malónico e, especialmente, o dinitrilo sucínico, favorecen o metabolismo nucleoproteico das células nerviosas. OBS: Tamén se denomina cianuro...

    VER O DETALLE DO TERMO