Lukaris, Cirilo

Lukaris, Cirilo

Teólogo grego. Relacionouse cos protestantes e mostrouse tolerante coa súa doutrina. Nomeado patriarca de Alexandría en 1602, ocupou en 1621 a sé de Constantinopla. Acusado de patriota e de desviacionista, foi estrangulado por orde do sultán. Parece ser o autor dunha Confesión (1629), libro doutrinal que foi atacado violentamente polos católicos e os gregos latinizantes.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Candia

  • Deceso

    Lugar : Constantinopla