"Rivera" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 32.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico. Pertenceu á orde dos salesianos e foi ordenado en 1953. Desde 1983 ocupou a sé do arcebispado de San Salvador, cargo que ocupou ata a súa morte. Interveu activamente como mediador de paz entre o goberno e o Frente Farabundo Martí para la Liberación Nacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Foi un dos membros fundadores do grupo El Paso. A súa obra caracterizouse pola introdución de teas metálicas, moitas veces coloreadas e coas que logrou contrastados efectos luminosos e espaciais. Destacan as series La metamorfosis (1958-1963), Mandalas (1974) e Albercas (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi senador electo polo PP na IV e V lexislatura (1989-1996), alcalde de Vilagarcía de Arousa (1983-1991) e membro da xunta directiva nacional do PP ata que militou en Independientes por Vilagarcía (IVIL). Presidiu o consello de administración de FEXDEGA (1983-1991), a Mancomunidade de Concellos de Arousa (1983-1991) e a Autoridade Portuaria de Vilagarcía (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Dedicouse ao estudo da historia e da arqueoloxía da súa comarca e foi nomeado cronista oficial da súa vila. Escribiu Historia de Puentes de García Rodríguez (1976) e El Santuario de Nuestra Señora del Carmen de As Pontes de García Rodríguez: su origen, historia y devoción (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actriz teatral e cinematográfica e tradutora. Coñecida como Mabel Rivera, debutou no teatro en 1984, co Centro Dramático Galego, na obra Agasallo de sombras (1984), de R. Vidal Bolaño, aínda que previamente xa participara noutras producións de compañías menores. A esta obra seguíronlle Os vellos non deben de namorarse (1985), de Castelao; O enfermo imaxinario (1986), de Molière; e As alegres casadas (1989), de Shakespeare. Con Teatro do Malbarate participou en Xogos de damas (1987) e Inventarios (1990). No eido da tradución realizou as versións de Tolos de amor (1995), de Sam Sheppard, xunto a Cándido Pazó; e Cartas de amor (2001), de A. R. Gourney. A súa primeira interpretación cinematográfica tivo lugar no filme El bosque animado (1987), de J. L. Cuerda. A finais da década de 1980 comezou o seu traballo para TVE e TVG en diversas producións televisivas, das que destaca o seu papel en Pratos combinados....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Presbítero. Das súas publicacións destaca o poema “In laudem Divi Thomae Hymnus”, premiado nun certame literario de Santiago de Compostela, e a obra El servir es condición, sobre o concepto de liberdade en san Tomé de Aquino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e muralista mexicano. Coñecido como Diego Rivera, residiu en Europa onde se interesou pola arte de vangarda. Identificado cos ideais revolucionarios da súa patria, volveu a México en 1922 onde, con D. A. Siqueiros, estudou a arte antiga dos maias e dos aztecas. A través dos frescos monumentais exaltou a súa historia mexicana desde os precolombinos ata a Revolución Mexicana cun realismo vigoroso e popular de cores vivas. Destacan os murais da Escuela Nacional Preparatoria (1922) e a Secretaria de Educación Pública (1923-1928 en México, da Escuela de Agricultura de Chapingo (1927), do Institute of Arts de Detroit (1932) e o do Rockefeller Center de Nova York (1933). Traballou tamén nos murais do Palacio de Bellas Artes e no Palacio Nacional de México. Cultivou tamén a pintura de cabalete. Casou con F. Khalo. Publicou con A. Breton Manifeste pour l’Art Révolutionnaire (1938).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Diego Rivera y Barrientos Acosta y Rodríguez.
-
PERSOEIRO
Escritor colombiano. Formou parte do parlamento colombiano e figurou nas delegacións que foron a México (1921), Perú (1924) e Cuba (1928). Iniciouse como poeta modernista de tendencia parnasiana, que reflectiu nos sonetos inseridos en Tierra de promisión (1921). Publicou unha única e importante novela, La Vorágine (1924). Xunto a Ricardo Güiraldes e Rómulo Gallegos foi un dos iniciadores da novela hispanoamericana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Independentista uruguaio. Xefe do Partido Colorado, foi ministro de Guerra (1829) e primeiro presidente da República de Paraguay (1830-1834 e 1839-1843). Tivo que resistir ao enfrontamento de Manuel Ceferino Oribe, do Partido Blanco, que tiña o apoio do presidente arxentino Juan Manuel de Rosas. Á fin da guerra civil propuxeron unha presidencia tripartita, Juan Antonio Lavalleja, Venancio Flores e Rivera, pero morreu antes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
María Isabel Rivera Torres.
-
PERSOEIRO
Xornalista. Foi conservador do Hospital Real de Santiago de Compostela e cronista da cidade. Fundou e dirixiu El Eco de Santiago, onde escribiu co pseudónimo de Diego de Muros. Escribiu Breve reseña histórica y artística del Gran Hospital de Santiago (1910), El monasterio y templo de Santa María la Real de Sar, único en el mundo por su inclinada construción (1920), e Notas compostelanas. Historia, tradiciones, leyendas, miscelánea (1947).
VER O DETALLE DO TERMO