Rivera Torres, María Isabel

Rivera Torres, María Isabel

Actriz teatral e cinematográfica e tradutora. Coñecida como Mabel Rivera, debutou no teatro en 1984, co Centro Dramático Galego, na obra Agasallo de sombras (1984), de R. Vidal Bolaño, aínda que previamente xa participara noutras producións de compañías menores. A esta obra seguíronlle Os vellos non deben de namorarse (1985), de Castelao; O enfermo imaxinario (1986), de Molière; e As alegres casadas (1989), de Shakespeare. Con Teatro do Malbarate participou en Xogos de damas (1987) e Inventarios (1990). No eido da tradución realizou as versións de Tolos de amor (1995), de Sam Sheppard, xunto a Cándido Pazó; e Cartas de amor (2001), de A. R. Gourney. A súa primeira interpretación cinematográfica tivo lugar no filme El bosque animado (1987), de J. L. Cuerda. A finais da década de 1980 comezou o seu traballo para TVE e TVG en diversas producións televisivas, das que destaca o seu papel en Pratos combinados. Foi galardoada co Premio Compostela á mellor actriz por Inventarios (1991), de Ph. Minyana e co premio Goya á mellor actriz secuandaria polo filme Mar Adentro (2004), que recibiu o Oscar da Academia de Hollywood.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ferrol