"Rodolfo" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 26.

  • PERSOEIRO

    Rei de Borgoña (921-937) e de Italia (924-926), fillo e sucesor de Rodolfo I de Borgoña. Loitou contra Berenguel I, rei de Italia e emperador de Occidente, a quen derrotou (923) e fixo asasinar (924). Sucedeuno no trono italiano, do que foi apartado por Hugo de Arles, quen lle cedeu a cambio unha boa parte dos seus territorios de Provenza (933), formándose así o Reino de Arles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 1339 - 1365) Duque de Austria (1358-1365). Perseguiu a total independencia dos seus territorios respecto do Imperio Austríaco mediante documentos falsos, pero o seu sogro, o emperador, non accedeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome do lago Turkana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Iniciou a súa formación na Escola de Artes e Oficios de Ferrol (1895-1898) e posteriormente na universidade e na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid, ata 1906, momento no que ingresou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando como profesor axudante. Traballou sobre todo en Ferrol, onde foi arquitecto municipal, e na súa comarca, e caracterizouse polo respecto do contexto arquitectónico e o emprego da galería nas fachadas. Os primeiros anos da súa produción (1910-1920) son de carácter modernista, destacando as casas Vázquez (1912), Romero, Brañas (1913) e Rodríguez Trigo (1914) ou o Hotel Ideal Room (1917). Das obras da década de 1920, eclécticas e monumentais, destacou o deseño da fachada para o Teatro Jofre, o Casino, con Julio Galán Carbajal e José de la Peña Gabilán, a casa Dopico Seselle (1925) ou o edificio Pita Romero, modificado posteriormente por Nemesio López Rodríguez. Na seguinte década achegouse á art-decó, na casa Prieto Poupariña (1933) ou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Da súa produción destacan El niño y la niebla (1936), Corona de sombra (1943), La corona de fuego (1960) e Buenas vacaciones, señor presidente (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico italiano. De nome Rodolfo Alfonso Rafael Philibert Guglielmi, encarnou no cine o mito do apaixonado amante latino e conseguiu unha fama inédita na época. Protagonizou The Four Horsemen of the Apocalypse (1921), Camille (1921), The Sheik (1921), Blood and Sand (1922) e The Son of the Sheik (1926).

    VER O DETALLE DO TERMO