"Rodrigo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 55.

  • PERSOEIRO

    Mercador. Descendente de xudeus conversos, foi banqueiro e participou en diversas operacións de crédito para Carlos I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Conde de Lemos e grande de España, fillo ilexítimo de Alonso Osorio de Castro e de Maior de Valcárcel. Documentado tamén como Rodrigo Enríquez Osorio, o seu avó Pedro Álvarez Osorio, primeiro conde de Lemos, conseguiu ser herdeiro lexítimo por medio dunha bula pontificia e por confirmación do Rei Enrique IV. Á morte do seu avó (1483), herdou o título de conde de Lemos, que incluía as terras de Sarria, Monforte, Triacastela e Castro Caldelas. Enfrontouse á súa irmá Xoana Osorio, que lle reclamaba o título condal, e tomou Ponferrada (1485), polo que os Reis Católicos enviaron tropas na súa contra. Nunha comparecencia ante os reis en Benavente, aceptou entregar Ponferrada   e someterse ao castigo real, que o condenou ao desterro e a sufragar as custas da guerra. En 1501 finalizou o seu exilio, concertou o casamento da súa filla Beatriz con Denís de Portugal, irmán do duque de Bragança, e recuperou as súas terras con todos os seus dereitos e rendas. En 1503, o Papa Alexandre VI outorgoulle...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rodrigo Enríquez de Castro .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cardeal da Igrexa Católica que ocupou o arcebispado de Sevilla. Os seus biógrafos non se poñen de acordo no lugar de nacemento; Armando Cotarelo Valledor afirma que naceu accidentalmente en Valladolid, mentres que Amor Meilán, Martínez Murguía e Otero Pedrayo, entre outros, sosteñen a hipótese monfortina. Destacou na política e na diplomacia, e foi un mecenas das artes e filántropo. Como expoñente desta última vertente destaca a fundación en Monforte de Lemos do Colexio da Nosa Señora da Antiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e político. Bispo de Osma (1208) e arcebispo de Toledo (1209), interveu na Batalla de Las Navas de Tolosa (1212). Escribiu a obra histórica De rebus Hispaniae ou Historia ghotica, coñecida tamén como Crónica del Toledano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bispo auxiliar de Toledo (1652), bispo de Almería (1662-1672) e Astorga (1672-1674). Cóengo e provisor de Mondoñedo, foi gobernador eclesiástico de Santiago de Compostela e prior de Santo Agostiño de Caaveiro, e exerceu como chanceler das universidades de Santiago de Compostela e Salamanca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xeógrafo. Escribiu Población general de España (1645) e o que parece unha copia manuscrita ampliada da segunda edición titulada Descripción de ciudades y villas de Galicia, onde amosa o territorio galego e as súas principais cidades e vilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Piragüista. Gañou a medalla de prata de K-4 1.000 m nos Xogos Olímpicos de Montréal (1976) e nos Xogos Olímpicos de Moscova (1980) conseguiu a medalla de prata de K-2 500 m, e a medalla de bronce de K-2 1.000 m. Retirado da alta competición, dedicouse á representación de deportistas. Na cerimonia de apertura dos Xogos Olímpicos de Barcelona entrou co facho olímpico no estadio de Montjuïc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e militar, conde de Altamira (1504-1510), fillo de Pedro Osorio e de Urraca de Moscoso. Herdou o título de conde do seu primo Lope Sánchez de Moscoso, morto sen descendencia. Foi nomeado capitán xeneral de Galicia polo cardeal Cisneros e participou na conquista de Mazalquivir e Orán. Destacou tamén como poeta, coas coplas e poesías “Diálogo entre el sentimiento y el conocimiento”, “Una compara” ou “Esparsa”. Morreu no asalto a Bougie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Fundador do Jornal de Belas-Artes e do Arquivo Universal, a súa obra Contos do tio Joaquim (1861) é unha das obras máis lidas da literatura portuguesa do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi un dos ponentes da Constitución de 1978, deputado nas Cortes por UCD (1977-1982) e ministro da Presidencia (1979-1980). Ademais, exerceu como membro do Tribunal de Arbitraxe da Cámara de Comercio Internacional de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista, segundo conde de Benavente. Aristócrata afeccionado aos libros de historia, aos clásicos e aos temas máis diversos, reuniu unha destacada biblioteca no seu castelo de Benavente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, terceiro conde de Arcos, primeiro marqués e duque de Cádiz. Capitán xeneral da Guerra de Granada e conselleiro e privado dos Reis Católicos, foi un dos últimos grandes señores feudais andaluces.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto portugués. Especialista en urbanismo, dedicouse á crítica de arquitectura e á investigación teórica. Foi un dos encargados da revisión do Plan General de Ordenación Municipal de Madrid, coautor do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Santiago de Compostela (1988) e responsable do proxecto urbanístico de varios barrios da periferia de Lisboa. Traballou con Nuno Teotónio Pereira desde 1959 a 1973 en numerosos proxectos, dos que destaca o da igrexa do Sagrado Coração de Jesús en Lisboa, realizada na década de 1960.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conquistador e administrador. Foi paxe de Beatriz de Castro, condesa de Lemos e en 1535 trasladouse a Perú. Participou na pacificación de Lima e Cuzco e na conquista dos chunchos. Uniuse a Pedro de Valdivia na conquista de Chile. En Santiago del Nuevo Extremo foi alcalde (1548; 1560), rexidor (1549) e tenente de gobernador e capitán xeneral (1550-1555; 1558). Gobernador interino de Chile (1565-1567), en 1575 outorgáronlle en propiedade o cargo de gobernador. Foi cabaleiro de Santiago desde 1573.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Licenciado en Dereito pola Universidad Complutense de Madrid (1971), realizou un máster en Bussines Administratiton pola UC Berkeley (California, 1974) e é doutor en Economía pola Universidad Complutense (2003). Foi secretario xeral adxunto de AP (1984-1986), secretario (1982-1984) e voceiro do grupo parlamentario popular (1989-1996) e vicesecretario xeral do PP (1996-2004). Deputado por AP (1982-1989) e polo PP (1989-2004), foi vicepresidente segundo do goberno (1996-2003), ministro de Economía e Facenda (1996-2000), ministro de Economía (2000-2004) e vicepresidente primeiro do goberno (2003-2004). En 2004 foi elixido director-xerente do Fondo Monetario Internacional (FMI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Derradeiro rei visigodo peninsular (710-711), fillo do conde Teodofredo e neto do Rei Khindasvinto. Ao morrer Vitiza (710), os seus inimigos elixírono como rei. Os fillos de Vitiza refuxiáronse en Ceuta, onde gobernaba o conde Xián baixo o dominio de Muza e negociaron unha axuda para recuperar o trono e o patrimonio familiar. Aproveitando a situación de conflito na Península, os bérberes, comandados por Tāriq ibn Ziyād e axudados por Xián, cruzaron desde o norte de África o estreito e establecéronse no lugar despois chamado Xibraltar. Volveu a Córdoba, reuniu un exército e confioulle as dúas ás aos irmáns de Vitiza, pero os partidarios de Vitiza abandonaron o exército, que foi destruído polas tropas de Tāriq na Batalla de Guadalete (711), onde se deu morte a Rodrigo. A vitoria musulmá supuxo a fin do reino visigodo e o inicio da ocupación árabe do territorio peninsular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Primeiro conde de Castela (850?-873). Repoboou a fortaleza da peña de Amaya (860) e tivo que enfrontarse a continuos ataques dos musulmáns, que o derrotaron en Morcuera (865). Axudou a Afonso III a recuperar o trono asturiano (866).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Foi chamado, xunto a Xoán de Porres, polo Conde de Monterrei para instalar os primeiros obradoiros tipográficos en Galicia. Desta asociación xurdiu o Misal Auriense (1494), primeiro incunable editado en Galicia. Tras a morte do Conde e a disolución da sociedade, conseguiu o encargo do cabido compostelán para editar a Relación das Reliquias da Catedral de Santiago de Compostela (1495). Desta obra, da que non se sabe se se editou en Monterrei ou en Santiago de Compostela, consérvase un exemplar no Arquivo Histórico Nacional de Simancas. Abandonou o oficio de impresor para ocupar o cargo de procurador en Monterrei.

    VER O DETALLE DO TERMO