"Ruiz" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 65.

  • PERSOEIRO

    Bibliotecaria e lexicógrafa. Licenciada en Historia pola Universidad de Zaragoza (1921). Ingresou (1922) no Cuerpo Facultativo de Archiveros, Bibliotecarios y Arqueólogos e tivo como primeiro destino o Archivo de Simancas e despois o Archivo de Murcia. A principios de 1930 trasladouse ao Archivo de la Delegación de Hacienda de València. Participou activamente nas empresas culturais que naceron co espírito da Segunda República: colaborou na Escuela Cossío, inspirada na Institución Libre de Enseñanza, en que ensinou literatura e gramática, e nas Misións Pedagóxicas, en que destacou o seu labor na organización das bibliotecas rurais, que reflectiu na obra Instruciones para el servizo de pequeñas bibliotecas (1937). A finais de 1937 dirixiu a Oficina de Adquisición y Cambio Internacional de Publicaciones e traballou como vogal da Sección de Bibliotecas del Consejo Central de Archivos, Bibliotecas y Tesoro Artístico. Redactou un plan bibliotecario de España, Proyecto de Plan de Bibliotecas del...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e política. Foi secretaria de Estado de Medio Ambiente e Vivenda (1993), membro da comisión executiva federal do PSOE e secretaria de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (2000). En 2004 nomeárona ministra de Medio Ambiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anarcosindicalista. Foi mineiro e exerceu de mestre racionalista en València. Escribiu Hacia una nueva organización social (1932) e La Revolución actual española (1937), onde defendeu a posibilidade de construír o comunismo libertario a partir dos sindicatos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid, desenvolveu toda a súa actividade xornalística en Galicia, especializado no ámbito político e social. Foi correspondente en Galicia de El Periódico de Catalunya (1993-1999), directivo da Asociación da Prensa de Santiago e delegado de Faro de Vigo en Santiago de Compostela ata 2000, cargo que abandonou para incorporarse como director do xornal La Opinión A Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Logo de dedicarse ao mundo do teatro como actor e director, traballou en diversos medios de comunicación galegos, onde foi un dos pioneiros á hora de introducir a lingua galega na información. Subdirector de Faro de Vigo, articulista e crítico teatral, dirixiu a Área de Cultura da TVG e presentou diversos programas nocturnos da Radio Autonómica Galega. Deseñador e director de Compostela 93, do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España e de Compostela Cidade Europea da Cultura 2000, foi director literario de Ir Indo Edicións e director da Enciclopedia Galega Universal ata o tomo IX (1998-2002). Colaborador de Radiovoz e La Voz de Galicia, é un autor especialmente imaxinativo á hora de construír relatos para os máis pequenos, a súa obra está dotada dun estilo áxil, dinámico e moi creativo. Escribiu a biografía Celso Emilio Ferreiro, compañeiro do vento e das estrelas (1981) e o ensaio político Quen é quen no primeiro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, conde de Toreno e grande de España (1838). Participou no alzamento asturiano contra os franceses (1808) e foi deputado nas Cortes de Cádiz. Liberal, houbo de exiliarse (1814-1820). Foi ministro de Facenda (1834-1835), de Estado e presidente do Consello de Ministros (1835), deputado (1837) e senador (1840). Escribiu Historia del levantamiento, guerra y revolución en España (1832). Foi membro da Real Academia de la Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe patronímica que provén do nome Roi/Rui. Trae por armas, en campo de ouro, dous lobos de sable, pasantes, colocados en pau; bordo de azul, cargado de oito aspas de ouro. Outro trae, en campo de goles, unha cruz de ouro, baleira; bordo de azul, cargado de oito aspas de ouro. Outro, en campo de prata, unha aciñeira de sinople, afroitada de ouro, sinistrada dun león da súa cor, abranguendo o tronco; bordo de azul, cargado de oito aspas de ouro. Outro, en campo de prata, unha barra de sable, bordo xadrezado de ouro e goles, de dúas ordes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Foi director do Museo Arqueológico Nacional e colaborou en diversas publicacións progresistas, como La Reforma e La Tribuna del Pueblo. Como poeta, con certos trazos románticos, destacan Elegías (1862) e Las estaciones del año (1879). Tamén escribiu dramas románticos, como Bernardo de Saldaña (1848) e a novela El beso de Judas (1860).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estatístico. Iniciou en España o método histórico da demografía e creou un laboratorio de demografía retrospectiva no seo do Instituto Balmes. Publicou La población de Galicia según los documentos estadísticos y descripticos de cada época (1948) e Análisis estadístico de los municipios minúsculos de España: municipios de población inferior a 1001 habitantes, su localización, su estrutura, sus actividades (1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, pai de Picasso. Formado en Málaga con Bernat Ferrandis, foi catedrático da Escuela de Bellas Artes de Málaga e conservador do Museo Provincial. En 1891 trasladouse á Coruña onde foi catedrático de debuxo e adorno da Escola Provincial de Belas Artes ata que en 1895 acadou unha cátedra na Escola da Llotja de Barcelona. Cultivou a natureza morta e a pintura de pombas. Orientou os inicios da carreira pictórica do seu fillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e debuxante. Licenciado en Belas Artes (1985), foi profesor de debuxo. A partir de 1960 entrou a formar parte de Faro de Vigo, onde traballou como debuxante desde 1968. Colaborou en numerosas publicacións e ilustrou as portadas da colección de libros “O Moucho” (1967-1980); ademais, publicou tres tomos de As aventuras dun neno galego (1985, 1986 e 1988), en colaboración con Xesús Franco e Hidalgo Cuñarro, e a banda deseñada Historia de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Doutor en Dereito (1859), foi xefe e fundador do Partido Liberal, gobernador civil de València (1881) e gobernador do Banco de España. Foi ministro de Ultramar (1888), de Graza e Xustiza (1894), e de Gobernación en seis ocasións entre 1888 e 1899.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Membro dunha destacada familia mexicana, en 1600 viaxou a España para estudar na Universidad de Salamanca. Considerado un dos principais dramaturgos españois do s XVII, a súa complexión física proporcionoulle crueis burlas dos seus contemporáneos, o que se relaciona co carácter ético e moralizante do seu teatro. Unha sobriedade e rara perfección na forma e un sentimento da dignidade humana constitúen algúns dos seus trazos máis característicos. Publicou vinte comedias en dous volumes, das que destacan La verdad sospechosa, Los pechos privilegiados, Ganar amigos, El tejedor de Segovia e El Anticristo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, VI conde de Lemos, III marqués de Sarria e grande de España, fillo de Pedro Fernández de Castro Andrade e Portugal, V conde de Lemos. Foi embaixador de Filipe II en Portugal (1577), comandante xeral das tropas de Galicia con motivo do cerco inglés á Coruña (1589) e capitán xeneral e vicerrei de Nápoles (1598). Defendeu a restitución do voto en Cortes do Reino de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, VIII conde de Lemos, V marqués de Sarria e grande de España, fillo de Fernando Ruiz de Castro Andrade e Portugal. Membro da orde de Santiago (1598), foi lugartenente de Nápoles durante as ausencias do seu pai e do seu irmán, Pedro Fernández de Castro Andrade e Portugal, VII conde de Lemos. Foi embaixador en Venecia (1606) e Roma (1609) e vicerrei e capitán xeneral de Sicilia (1616). Participou na defensa da Coruña ante un posible ataque inglés en 1625 e ao ano seguinte entrou no Consello de Estado de Filipe II. En 1629 renunciou aos seus títulos e ingresou na orde beneditina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, XI conde de Lemos, VIII marqués de Sarria e grande de España. Foi capitán xeneral das galeras de Nápoles (1692), vicerrei de Sardeña e xentilhome de cámara de Carlos II e Filipe IV. Recibiu o Toisón de Ouro (1692). Foi o derradeiro home da liñaxe dos Castro na casa de Lemos e sucedeuno a súa sobriña Rosa María de Castro e Centurión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, XII condesa de Lemos, IX marquesa de Sarria e grande de España. Camareira maior das raíñas María Bárbara de Portugal e María Amalia de Saxonia, mantivo un parladoiro literario en Madrid chamado Academia del Buen Gusto. Foi a derradeira representante directa da liñaxe dos Castro no condado de Lemos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, IV conde de Lemos, I marqués de Sarria e grande de España. En 1543 Carlos I concedeulle como primoxénito da casa de Lemos o marquesado de Sarria e en 1553 nomeouno embaixador cerca da Santa Sé, cargo que lle renovou Felipe II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, fillo de Pedro Fernández de Castro, señor de Monforte de Lemos, e irmán de Inés de Castro e de Xoana de Castro, muller de Pedro I de Castela. Foi mordomo e alférez maior do rei, e adiantado e alférez maior de Galicia e Asturias. En 1354 capitaneou un alzamento nobiliario contra Pedro I, para logo sumarse á causa do rei castelán, que o fixo conde de Trastámara, Lemos, Sarria e Castrojeriz. Tras a Batalla de Montiel (1369) trasladouse a Portugal desde onde continou a loita contra Enrique de Trastámara

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre. Ricohome de Castela, alcaide de Toledo e do castelo de Calatrava, casou con Elvira de Ozores, señora de Lemos e Sarria.

    VER O DETALLE DO TERMO