"Rus" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 386.

  • Tratado de paz firmado en Andrusovo, preto de Smolensk, o 20 de xaneiro de 1667 entre Polonia e Rusia, que puxo fin á guerra iniciada en 1654. A cambio de renunciar a Lituania e á Rusia Branca, Rusia obtivo Smolensk, a Ucraína da esquerda do Dniéper e Kiev.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplicación destinada a detectar e, no seu caso, eliminar virus informáticos, así como a corrixir calquera problema provocado por estes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entre os francos, home libre que tras xurar fidelidade ao Rei ou á Raíña recibía a cambio honras e protección pasando a formar parte da comitiva real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de virus constituídos por RNA de cadea única, con cuberta protectora. Infectan artrópodos hematófagos que, á súa vez, infectan animais vertebrados por picadura (arbovirose). O seu hábitat sitúase nas zonas cálidas e húmidas, especialmente as que se atopan dentro da área mediterránea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome latino da estrela Artur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de virus RNA de cadea sinxela que presenta un gran pleomorfismo, con nucleocápside de simetría complexa e envoltura externa, dun tamaño que oscila entre 50 e 300 mm de diámetro. Os seus hospedeiros habituais semellan ser rilladores; algúns poden infectar o home, como os causantes de certas febres hemorráxicas (Tacaribe, Machupo, Junin, Tamiami e outras) e a febre de Lassa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Tanzania (82.306 km2; 1.596.000 h [estim 1994]). A capital é Arusha (134.708 h[1988]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parque nacional do N de Tanzania, situado entre o cráter Ngorongoro e o monte Meru (4.567 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sacerdote romano que predicía o futuro polo exame das entrañas das víctimas ofrecidas en sacrificio aos deuses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Ārsī.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Individuo pertencente a un dos grupos galla máis importantes de Etiopia (1 millón de individuos, aproximadamente) que vive na provincia de Arsi, situada ao S de Addis Abeba, na zona dos lagos. Esténdese cara ao L polas montañas comprendidas entre o río Awash, ao N, e o curso alto do Shebele, ao S. Os arussi son principalmente agricultores e gandeiros de relixión musulmana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico grego que exerceu en Roma (?90 a C). Creou a escola atomista e dela deriva, por medio do seu discípulo Temiso, a escola metódica. Defendeu ideas mecanicistas sobre as enfermidades e intentou establecer unha patoloxía solidista (baseada nas partes sólidas do corpo) en oposición ás teorías humorais dos seguidores de Hipócrates.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito bélico motivado pola rivalidade entre Austria e Prusia pola hexemonía dentro do conxunto de estados alemáns, provocado por mor da administración conxunta dos ducados de Schleswig e Holstein, que foran cedidos por Dinamarca como consecuencia da guerra de 1864.Ó remate do conflito, Austria quedou completamente apartada de Alemaña, foi disolta a Confederación Xermánica, e Prusia incorporou Hannover, Hessen, Nassau, Frankfurt, Schleswig e Holstein. Austria perdeu o Véneto, que pasou a Italia, aliada de Prusia durante a guerra. A derrota influíu na nova forma de organización do Imperio de Austria, que se converteu na monarquía austrohúngara (1867).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero artiodáctilo de lonxitude superior a 1 m e 80 cm de altura dende a cruz. Os machos teñen os cairos sumamente desenvolvidos e curvados cara a atrás, por diante da cara; os da mandíbula superior non saen pola boca senón que perforan a cara. As babirussas teñen costumes nocturnos e viven en pequenos grupos familiares, en bosques altos. Son propias das illas Célebes e das Molucas. A súa carne é excelente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero artiodáctilo de lonxitude superior a 1 m e 80 cm de altura dende a cruz. Os machos teñen os cairos sumamente desenvolvidos e curvados cara a atrás, por diante da cara; os da mandíbula superior non saen pola boca senón que perforan a cara. As babirussas teñen costumes nocturnos e viven en pequenos grupos familiares, en bosques altos. Son propias das illas Célebes e das Molucas. A súa carne é excelente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de artiodáctilos da familia dos suidos coñecidos co nome de babirusa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de dinosauros da familia dos hadrosáuridos, propios de finais do Cretáceo, de ata 4 m de lonxitude, cabeza baixa, plana e sen crista, e bico estreito. Os xacementos principais atópanse en China e Mongolia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Virus da familia dos baculovirus.

    2. Familia de virus de ADN, de morfoloxía semellante a un báculo, que só afectan aos invertebrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Xerusalén (1100 - 1118). Irmán e seguidor de Godofredo de Bouillon na Primeira Cruzada (1096), sostivo para si Edessa e fundou o condado do mesmo nome. Como Rei de Xerusalén conquistou Arsuz, Cesarea e, con axuda de flotas europeas, Acre (1104), Beirut (1110) e Sidón (1111). A súa autoridade foi recoñecida polos estados cristiáns xurdidos a raíz desta Primeira Cruzada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Xerusalén (1118-1131). Participou na primeira cruzada cos seus curmáns Jofre de Boullion e Balduíno, a quen sucedeu. Foi rexente do Principado de Antioquía en circunstancias difíciles.

    VER O DETALLE DO TERMO