arbovirus

arbovirus
s m [MICROB]

Grupo de virus constituídos por RNA de cadea única, con cuberta protectora. Infectan artrópodos hematófagos que, á súa vez, infectan animais vertebrados por picadura (arbovirose). O seu hábitat sitúase nas zonas cálidas e húmidas, especialmente as que se atopan dentro da área mediterránea.

Palabras veciñas

Arbosa | Arbour, Louise | arbovirose | arbovirus | Arbreda | Arbúcies | Arbuckle, Roscoe