"SAE" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 28.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Foi autor dalgunhas das vilas novas da periferia de Madrid realizadas coa colaboración de Cubillo, Romany e Sierra como Erillas (1955), Batán (1960) e Entrevías (1956). Foi catedrático e director (1981-1983) da Escuela Superior de Arquitectura de Madrid. Das súas obras destacan as Torres Blancas (1962-1968), o Banco de Bilbao (1979) e o edificio da administración dos Recintos Feriales (1988-1991), todas elas en Madrid. Colaborou co proxecto Abrir Vigo ao Mar co deseño do centro de ocio da Laxe. Recibiu o Premio Nacional de Arquitectura polo Centro Atlántico de Arte Contemporáneo de Las Palmas de Gran Canaria e en 1993 o Premio Príncipe de Asturias das Artes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Composición breve con texto espontáneo que se dedica a algunha imaxe relixiosa durante as procesións de Semana Santa. A música adoita seguir un esquema clásico.
-
GALICIA
Historiadora da arte. Doutora en Historia da Arte, especializouse no estudo da prataría. Escribiu La platería en Monforte de Lemos (1987), La colección de platería de Fernández de la Mora y Mon en el Museo de Pontevedra (1995), Arte de la platería en la Mariña Lucense, siglos XVI, XVII y XVIII (1999), con Y. Kawamura, La platería en la diócesis de Tui (2001), Los plateros gallegos y el Santo Oficio de la Inquisición (2002) e La platería en la Tierra de Lemos (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Formado con N. H. Reber e J. Halévy, foi organista da Madeleine (1858-1877) e profesor da École Niedermeyer. Como compositor concedeu especial importancia á beleza formal. Compuxo obras para orquestra, como as tres sinfonías, a derradeira con órgano (1886); diversos poemas sinfónicos como Le rouet d´Omphale (1871) ou Danse macabre (1875); cinco concertos para piano (1858-1896), tres para violín e dous para violoncello, ademais da Havanais para violín; o Carnaval des animaux (1886), algunhas óperas como Samson et Dalila (1877), e música de escena, relixiosa e de cámara.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e escritor. Foi catedrático de Estrutura Económica na Universidad Complutense de Madrid (1955-1969), subdirector (1962-1969) e asesor (1979-1981) do Banco Exterior de España e senador por designación real (1977-1979). Investigou sobre política industrial e a dinámica interna da economía. Das súas obras económicas destacan Realidad económica y análisis estrutural (1959), Las fuerzas de nuestro tiempo (1967) e Inflación: una versión completa (1976). As súas obras literarias máis destacadas son Congreso en Estocolmo (1952), El río que nos lleva (1962), El caballo desnudo (1976), Octubre, Octubre (1981), La sonrisa etrusca (1985), La vieja sirena (1990), Real sitio (1993), Mientras la tierra gira (1993), El amante lesbiano (2000) e Los mongoles en Bagdad (2003). En 1990 ingresou na Real Academia Española.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como o pintor do Camiño, cofundou o Equipo 7 e fundou o Equipo diez, en Madrid, e a revista Nueva moda de la piel. Asesor cultural do Camiño de Santiago para diversos centros e institucións en Europa e EE UU, as súas pinturas representaron diferentes escenas do camiño e tentaron retratar globalmente ao peregrino. Foi nomeado cabaleiro da orde do Camiño de Santiago e da soberana e hereditaria orde de San Xoán de Xerusalén e Malta, pola súa contribución ao Camiño de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial fundada en 1963 por Raimundo Susaeta. Destaca na edición de libros infantís e xuvenís no mercado español e unha das principais editoriais de libros de cociña, xardinaría ou bricolaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa fundada na Coruña en 1897 por Manuel Torres García e Manuel Fernández López como almacén de ferraxaría co nome de Fernández y Torres Sociedad Regular Colectiva. Ao pouco incorporáronse Ángel Torres García, irmán do fundador, e Manuel Sáez Torres, sobriño destes. En 1926 liquidouse a empresa anterior e xurdiu Torres y Sáez Sociedad Regular Colectiva. De carácter familiar, a empresa tiña establecementos na Coruña, Vigo e Lugo, que en 1974 se converteron en sociedades anónimas. Ese mesmo ano a división de ferros constituíu Hierros Torres y Sáez. Na década de 1990 constituíuse Almacenes Torres y Sáez, como cabeceira, e diversas sociedades filiais para atender a diversificación dos clientes.