"SS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1221.
-
PERSOEIRO
Arquitecto italiano. Construíu, entre outras obras, a vila Cambiaso en Xénova (1548) e a basílica de Carignano, baseada no proxecto de Bramante para San Pedro de Roma. A súa obra, especialmente a de tipo civil, constitúe unha sorte de manierismo arquitectónico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xefe da insurrección contra o vicerreinado de Palermo. Presentou en Nápoles a revolta de Masaniello, volvendo a Palermo a organizar (1647) unha revolta contra o vicerrei de Sicilia, para ser proclamado Capitán Xeneral da illa. Tentou reformar a administración e limitar o poder da nobreza. Foi asasinado polos sicilianos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Halterofilista ruso. Foi nove veces Campión de Europa e dez veces do Mundo. Conseguiu dúas medallas de ouro olímpicas nos pesos super pesados (nos Xogos de Múnic 1972 e nos de Montreal 1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor italiano. Foi discípulo de debuxo de Ludovico Carracci. Restaurou obras clásicas en Roma (1625). Autor da Tomba del Cardenal Mellini (Santa Maria del Popolo, Roma). Foi un clásico académico que reaccionou contra o barroquismo de Bernini.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político chileno. Licenciado en Medicina (1932) e cofundador do Partido Socialista Chileno (1933), foi Ministro de Sanidade nos gobernos de P. Aguirre Cerda (1939-1941, 1941-1942). Senador dende 1945, ocupou o cargo de Presidente do Senado no 1952. Como representante da coalición de esquerdas Unidad Popular, acadou a Presidencia do Goberno de Chile no 1970. A súa política afanouse nun tránsito pacífico ao socialismo. Nacionalizou os bancos, as minas de cobre e algunhas grandes empresas, o que o enfrontou duramente cos poderes fácticos da oposición de dereitas, tendo que afrontar fortes presións estadounidenses, tendo en conta os grandes intereses que os EE UU mantiñan no tecido industrial e económico de Chile. En setembro do 1973 foi derrocado por un golpe de estado militar, que contou con apoio loxístico e material estadounidense, rematando co réxime democrático. Rexeitando a posibilidade de fuxir e poñerse a salvo, Allende morreu defendendo o Palacio da Moeda, sede do goberno chileno;...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Discípulo de Miguel Anxo e do Bronzino, é autor dos frescos da Capela Gaddi de Santa María Novella en Florencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello da provincia de València, situado 5 km ao N de València, en plena horta (5.545 h [1996]). Cultivo de chufa. Fabricación de porcelana e materiais cerámicos refractarios e illantes. Igrexa dos ss XVIII-XIX, neoclásica.
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello da provincia de Castelló de la Plana, situado a 4 km ao S de Castelló, na marxe esquerda do Millars (16.306 h [1996]). Ten cultivos de laranxas, hortalizas. Está presente a industria de materiais de construción. É un municipio inmerso na área urbana de Castelló de la Plana.
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello da provincia de València, situado preto da Albufeira (6.881 h [1996]). O termo está parcialmente ocupado por cultivos de regadío (arroz, laranxas e hortalizas). A instalación da fábrica de automóbiles Ford (1974) dentro do termo, modificou profundamente a estrutura económica e demográfica do municipio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Perito agrimensor. Foi un dos impulsores e profesor da Escola Náutica de Bos Aires, a onde emigrara a mediados de século. En 1799 ensinou Xeografía e Cosmografía na Escola de Náutica e Debuxo. Publicou o Almanak y kalendario general diario de quartos de Luna, según el Meridiano de Buenos Aires para el año 1800.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo francés. Representante dunha das principais correntes do marxismo do s XX, a súa principal contribución consistiu, sobre todo, en propor unha “lectura” de Marx que separa o circunstancial do científico, feito que permitiría a reconstrución dun marxismo científico axeitado para a análise obxectiva da sociedade. Na procura desta lectura científica de Marx, Althusser estableceu un “corte epistemolóxico” nas obras de Marx, distinguindo entre as obras de mocidade (ata 1848), obras de transición (1848) e obras de madurez (a partir de 1848). Segundo Althusser, Marx liberouse de todo hegelianismo e analizou o mundo en Das Kapital (O capital, 1867) con criterios obxectivos e conceptos rigorosos, como os de capital, acumulación capitalista, plusvalía, formación social e outros semellantes. Para Althusser a actividade teórica que conduce á ciencia non pode considerarse nin ideolóxica nin superestrutural, senón que é independente de tales condicionamentos sociais. Esta primacía...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Trasládase moi novo a Vigo. Aos dezasete anos é vocalista do grupo de punk-rock Acorazado Potemkin, mentres compaxina esta actividade coa publicación de cómics en revistas e fanzines de Vigo. No ano 1984 trasládase a Madrid, onde participou nos Talleres de Arte Actual do círculo de Belas Artes; no 1986 viaxou a París e Marrocos -onde atopa os símbolos e imaxes que proxectará máis tarde nos seus traballos-. No ano 1989, concédeselle a bolsa da Academia Española de Belas Artes e trasládase a Roma, ata o ano 1990 no que recibiu unha bolsa de La cité des Artistes do concello de París, volvendo de novo a esta cidade. Despois dunha nova estancia en Italia, onde acada unha nova paleta de cores máis fortes e formas máis rotundas, recibe no ano 1992 a bolsa Fulbright de Comité Conxunto Hispano-Norteamericano, e reside en Nova York dous anos. No ano 1994, volta a España, residindo en Madrid. Artista plástico de recoñecido prestixio internacional, cunha obra que aparece en...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas perennes ou anuais, con pétalos amarelos e froito en silicua que pertence á familia das crucíferas. En Galicia pódense atopar dúas especies: Alyssum loiseleuri, algo leñosa, de talos que acadan os 20 cm, propia de areais costeiros; e Alyssum serpyllifolium, de 20 a 40 cm de altura, que aparece de forma espontánea en pedregais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa petroleira norteamericana fundada en Nova York en 1969 ao se fusionar a Amerada Corporation (creada en 1920) coa Hess Oil. As súas actividades abranguen a produción e o refinado de petróleo e gas natural.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade de investigación económica fundada nos EE UU en 1885 por un grupo de economistas novos (entre os máis destacados figuran R.T. Ely, E. Seligman e H.C. Adams), decididos a renovar o pensamento económico do país, estancado nos tempos finais da ortodoxia clásica. Influída pola escola histórica alemana, adoptou nunha primeira etapa unha tónica vagamente socialista e reformista, que perdeu rapidamente ante a influencia do denominado Marxinalismo, representado por John Bates Clark, e adoptou posteriormente unha oposición ecléctica e aberta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Axencia de viaxes norteamericana fundada en 1850. En 1890 iniciou a fórmula de cheque de viaxes. Exerceu un papel importante na Primeira e na Segunda Guerra Mundial coa repartición de paquetes destinados ás frontes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación de sindicatos obreiros norteamericanos fundada en 1955 ao se fusionaren o AFL, fundado no 1886 por Samuel Gompers, e o CIO, escisión (1935) do AFL dirixida por John Lewis. É a central sindical norteamericana máis importante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación profesional de bibliotecarios fundada no ano 1876 coa finalidade de promover o movemento de bibliotecarios nos EE UU. Publica gran parte da bibliografía profesional mundial e un gran número de publicacións periódicas, entre elas o ALA Bulletin.
-
PERSOEIRO
Xeólogo escocés. Estudiou a dinámica das fallas, as intrusións ígneas, a alineación dos xistos e o vulcanismo; e deu unha primeira explicación das liñas de Becke, importante método da óptica mineral.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz de teatro e cine sueca. Bergman incorporouna ao Stadsteater de Malmö en 1953. No cine traballou para Gustaf Molander, Alf Sjöberg e, principalmente, para Ingmar Bergman.
VER O DETALLE DO TERMO