Álvarez Basso, Darío
Pintor. Trasládase moi novo a Vigo. Aos dezasete anos é vocalista do grupo de punk-rock Acorazado Potemkin, mentres compaxina esta actividade coa publicación de cómics en revistas e fanzines de Vigo. No ano 1984 trasládase a Madrid, onde participou nos Talleres de Arte Actual do círculo de Belas Artes; no 1986 viaxou a París e Marrocos -onde atopa os símbolos e imaxes que proxectará máis tarde nos seus traballos-. No ano 1989, concédeselle a bolsa da Academia Española de Belas Artes e trasládase a Roma, ata o ano 1990 no que recibiu unha bolsa de La cité des Artistes do concello de París, volvendo de novo a esta cidade. Despois dunha nova estancia en Italia, onde acada unha nova paleta de cores máis fortes e formas máis rotundas, recibe no ano 1992 a bolsa Fulbright de Comité Conxunto Hispano-Norteamericano, e reside en Nova York dous anos. No ano 1994, volta a España, residindo en Madrid. Artista plástico de recoñecido prestixio internacional, cunha obra que aparece en importantes coleccións e institucións. A súa obra nos anos oitenta aparece vinculada ao que se denominou pintura-pintura, con cadros de grande formato. Nos anos noventa achégase a unha pintura moito máis madura, na que persisten os seus temas habituais: a morte, a vida e a viaxe. Participa en exposicións individuais e colectivas, tanto en España como no estranxeiro.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Caracas