"Sada" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 145.

  • PERSOEIRO

    Militar e xeógrafo. Ingresou na Academia militar de Guadalajara, onde obtivo o grao de tenente de enxeñeiros en 1839. Serviu ás ordes do xeneral Espartero na guerra contra os carlistas; ao seu remate recibiu a cruz da orde de San Fernando e o ascenso a capitán. En 1844 destinárono como agregado ao exército francés que desenvolvía a campaña de conquista de Alxeria. En 1846 incorporouse á dirección xeral de Enxeñeiros, dende a que comezou os traballos do Atlas de España a escala 1:200.000 (46 follas publicadas a partir de 1847). En 1866, un ano despois de acadar o ascenso a coronel, pediu o retiro do exército para dedicarse á investigación. Entre as súas obras destaca Reseña Geográfica de España y de sus provincias de Ultramar (1858).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz. Iniciou o seu labor teatral no grupo Avento de Vigo e desenvolveu a maior parte da súa actividade na compañía de teatro de rúa Os Quinquilláns, na que participou en diversas montaxes, como Danza da meiga no campo da festa (1991), Feira de lixos (1992), As voces do mar (1996), Os irmadiños (1999) e A noite (2001). Traballou tamén na montaxe Valle-Inclán 98 para o Centro Dramático Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Publicou Novena a la Virgen de la Cela (1872).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Defensa que se facía cunha fileira de paveses ou escudos, especialmente arredor dunha nave.

    2. Conxunto de bandeiras e gallardetes para ornamentar as embarcacións os días de festa.

    3. Conxunto de taboleiros cravados na parte exterior da borda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ataque realizado, antigamente, de noite e por sorpresa, no que os soldados se colocaban unha camisa branca por riba das súas roupas para diferenciarse do inimigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PICOS

    Pico dos Pireneos, entre Andorra e o Pallars Sobirá, situado a unha altitude de 2.961 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a unha teoría cando se descubre un feito que a desminte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción burlesca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Estudiou medicina nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid. En 1856, ano en que obtivo o doutoramento, ingresou no exército como médico militar e foi destinado ao Hospital Militar de Madrid. Destacado cirurxián durante a guerra de África, foi médico da Raíña Isabel II e do Rei Afonso XIII. En 1867 foi elixido deputado a Cortes pola circunscrición de Ourense. Tamén foi inspector xeral de sanidade en Cuba e fundador do Museo Anatómico y Patológico do Hospital Militar de Madrid. Escribiu varios libros e artigos científicos sobre medicina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe descendente dos Flórez ou Flores. As súas armas levan, escudo cortado: primeiro, en campo de azul, cinco flores de lis, de ouro, postas en aspa; segundo, en campo de goles, dous lagartos dereitos, da súa cor, postos en faixa, e sobre eles unha lousa, de prata (armas dos Losada).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Propietario rendista, foi deputado pola sección de Xinzo de Limia (1865-1866), polos distritos de Redondela (1889-1890) e Valdeorras (1893-1895), e senador pola provincia de Ourense (1898-1899).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi senador por Lugo (1843-1844) e deputado polo distrito de Valdeorras (1846-1849). Ao renunciar á acta de deputado por Valdeorras (1849) para converterse en senador vitalicio, foi denunciado e renunciou ao escano senatorial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo de debate e reflexión teatral creado en 1999 por Eduardo Alonso, Xulio Lago, Luma Gómez, Antonio Simón, Miguel Pernas, Xosé Manuel Rabón, Damián Villalaín, Gustavo Pernas, Antonio Durán Morris e Manuel F. Vieites. Amais dun manifesto programático que contiña un conxunto de medidas para a mellora das artes escénicas, deron a coñecer diversos documentos relacionados coa situación e perspectivas da produción, exhibición, distribución e outros aspectos relativos ao campo teatral en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Licenciado en Administración de Empresas, foi presidente de Coca-Cola para México e América Latina e posteriormente director do Grupo Fox, dedicado á rama agroindustrial. Foi gobernador do estado de Guanajato (1995-1999) e, desde o 2000, presidente da República polo Partido Acción Nacional (PAN). Levou adiante a Reforma Constitucional sobre Derechos y Culturas Indígenas, rexeitada polos zapatistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Invasión levada a cabo polos franceses en España en 1808.

    2. Dito ou feito propio dos franceses.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cantidade de fío enrolado sobre un fuso ou unha canela. O enrolamento adoita ter unha parte central cilíndrica e os extremos cónicos. Nas fusadas feitas á man o perfil adoita ser unha curva alongada continua.

    2. Mecanismo empregado nos cronómetros da mariña e nas antigos reloxos de peto para compensar a perda de tensión que experimenta o resorte ao desenrolarse. Consiste nun cono que leva enrolado o extremo dunha cadea ou cinta na súa superficie, o outro extremo vai enrolado ao tambor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Oficial da Mariña desde 1832, foi nomeado comandante xeneral de Ferrol en 1864. Na lexislatura 1869-1871 foi deputado pola provincia da Coruña e senador en 1871-1872.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Franciscano galego. Residiu nos conventos de Melide e A Graña antes de exercer como definidor e profesor de teoloxía en León (1743). Foi autor de Cultivo racional. Diálogo entre curioso y desengaño en que con nuevo modo de erudición filosófica y doctrina sutil o escotística [...] (1743).

    VER O DETALLE DO TERMO