"Safi" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 23.

  • Escola xurídica musulmá fundada por Abū ‘Abd Allāh Mu ḥ ammad al-Šafi’ī, de quen toma o nome, unha das catro escolas consideradas ortodoxas polo Islam (šarī’a). Procurou manter o equilibrio entre a razón e a sunna, fixando esta última como fonte do dereito. Foi seguida en Bahrain, Iemen, Insulindia, Exipto, o Daguestán e boa parte da Asia oriental e central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista musulmán. Fundador da escola Šafi’ī, foi discípulo de Mālik ibn Anas en Medina, e viviu en al-Fus ṭ āt (O Cairo Vello), onde a súa tumba é obxecto de peregrinaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei sintáctica que elaboraron os romanistas A. Mussafia (Split, Croacia 15.2.1835-Florencia 7.6.1905) e A. Tobler (Hirzel, Suíza 23.5.1835-Berlín 18.3.1910), relativa á obrigatoriedade da énclise do pronome átono en frases que comezan por unha forma verbal ou cando o verbo se atopa despois das conxuncións e e ma, no francés e no italiano antigos, e extensible tamén a outras linguas.

    VER O DETALLE DO TERMO