Tobler-Mussafia, lei de
Tobler-Mussafia, lei de
[LING]
Lei sintáctica que elaboraron os romanistas A. Mussafia (Split, Croacia 15.2.1835-Florencia 7.6.1905) e A. Tobler (Hirzel, Suíza 23.5.1835-Berlín 18.3.1910), relativa á obrigatoriedade da énclise do pronome átono en frases que comezan por unha forma verbal ou cando o verbo se atopa despois das conxuncións e e ma, no francés e no italiano antigos, e extensible tamén a outras linguas.